O autor, un auténtico xenio creador: Edgar Allan Poe ( 1809-1849), escritor romántico estadounidense, poeta, crítico e editor, cunha vida digna de ser novelada.
Moi influinte en multitude de artistas en tódolos campos: música, pintura, cine, literatura,... Un exemplo: o seu coñecido poema "O corvo", inspirador dun cómic gótico (James O'Barr, 1981) e dunha peli (Alex Proyas, 1994).
3 comentarios:
Non sei se moita xente o sabe,pero a vida de Edgar Allan Poe tiña moito que ver cos seus relatos escuros, e viña sendo un reflexo fiel desa humanidade destrozada. Din as malas linguas que escribiu moitos dos seus relatos baixo a influencia do opio, e mesmo a súa morte foi moi triste: apareceu tirado nun barrio de Baltimore, só. Particularmente encantoume a familia Usher, con esa capacidade hipersensorial... unha especie de superhomes (pero coma Poe, atormentados)
XTomás
pois eu lin algun dos relatos de Poe,e son moi entretidos e orixinais...recoméndovolos a todos...
:)
estiven no meu tempo de lecer nun atardecer de maio cando se me ocurriu a brilante idea de poñerme a ler os relatos de poe,moi interesantes por certo,son moi entretidos e recomendovolo a todos ,un saudo
Publicar un comentario