2008/05/20

La excursión a Tindari




Isto que ves aseméllase moito a Villità, o pobo siciliano no que vive o comisario Salvo Montalbano, un vello coñecido dos alumnos de Melide. É o protagonista dunha serie de novela policiaca ambientada na Sicilia actual. Dende que o seu autor, Andrea Camilleri, o creou en 1994, homenaxeando co seu nome a outro grande escritor do xénero negro, o catalán Manuel Vázquez Montalbán ("Salvo", en italiano, quere dicir "Hola"), creador do mítico detective Pepe Carvalho, as súas aventuras convertéronse nun grande éxito internacional.

A Salvo Montalbano, como a Pepe Carvalho, gústalle comer ben, a praia e a literatura; ten un éxito moi, moi escaso coas mulleres (a súa eterna moza, Livia, vive en Xénova, moi lonxe da súa vila), unha vella afiliación comunista e unha indisimulada perplexidade ante os tempos presentes.
Na novela que che propoñemos, o comisario Montalbano enfréntase a un dobre misterio: o asasinato do mozo Nenè Sanfilippo e a desaparición dos Señores Griffo, unha parella de anciáns vistos por última vez nunha excursión a Tindari. Montalbano sospeita que a aventura de Sanfilippo con Vania Titulesco, a muller rumana do célebre cirurxán Eugenio Isgrò, ten algo que ver coa morte, pero as súas investigacións levarano a descubrir conexións entre eles e os Griffo moito máis sorprendentes.
Se te enganchas (e non serías o primeiro...), na biblioteca hai moitos máis títulos, en galego e en castelán!

1 comentario:

xosé tomás dixo...

A novela gustoume moito.É divertida, engancha,recoméndolla a todo o mundo.O que máis me gusta é o carácter de Montalbano porque é un tipo duro, pero o mesmo tempo é sentimental. Tamén me resultou moi interesante a intriga, porque nunca esperas o que vai suceder.Ademais de La Excursión a Tindari, lin El Ladrón de Meriendas y ahora estoy con La Voz del Violín.
Diego Fernández (4º ESO C)