E o feito de falar de libros fainos estender esa telaraña de emocións e vivencias a outras persoas, a outros colegas. Xuntámonos cada quince días, máis ou menos. Máis ou menos, si, porque isto non segue regras fixas.
Ás veces as gañas de xuntarnos nos poden levar a facelo antes, porque non aguantamos para contar o que temos lido. E quedamos nun lugar do instituto que ten zumes, sofás e moita, moita luz (será iso unha metáfora do que queremos facer?).
Convidamos a todos e todas (alumnado, profes, limpadoras, conserxes, ...) a pasar por alí cando os carteliños o anuncien. É moi raro que non se saque algo en limpo... de verdade.
1 comentario:
Noraboa pola selección de lecturas... curiosamente, moitas delas coinciden coas miñas persoais dos últimos meses... mágoa non poder asistir ao club...
Parabens, en calquera caso, pola súa existencia
Publicar un comentario