2008/05/10

Fragmentos de la Enciclopedia Délfica

Guión e debuxo: Miguelanxo Prado
Xénero: Banda deseñada
Ano: 1996
Editorial: Norma

A mellor maneira de falar da obra do noso autor de cómic máis internacional é facelo coas palabras de Agustín Fernández Paz, que, referíndose a ela, di que "alí (e quizais non é doado explicalo, era máis doado decatarse) estaba presente todo o que os afeccionados lle pedimos ó mellor cómic: unhas imaxes de rara perfección,unhas historias que entretiñan pero que tamén nos falaban das preocupacións e das dúbidas que habitan en todas as persoas e, sobre todo, unha forma de contar a historia (os entendidos chamaríanlle planificación) que, como no mellor cine, a penas se notaba. Só na segunda lectura, nunha análise máis demorada, chegabas a ser consciente da sólida e complexa arquitectura que sostiña aquela historia de apariencia sinxela. Cualidades todas que só de cando en vez temos a sorte de atopar reunidas."

Se leches esta obra, deixa o teu comentario para que outros poidan lelo. E se queres ver un vídeo de adianto do cómic, aquí o tes:

2 comentarios:

xosé tomás dixo...

Cando lin este libro de banda deseñada por primeira vez (hai uns 10 anos), fiquei petrificado polo lirismo da liña negra, pola densidade da información, e pola enorme carga de evocación dalgúns dos escenarios (coma o de toda a páxina 10). Unha obra mestra.
Xosé Tomás

xosé tomás dixo...

Dende que Xose Tomas me recomendou este libro, estiveno a ler varias veces, pois gustoume moito. Os seus debuxos, as suas historias, e un estupendo escenario. Pero sen duda, o mellor son os seus debuxos, con un sombreado, e un detalle estraordinario.
sen duda, un libro para ler unha e outra vez
Un saudo
Tomás Mato (2º BAC B)