2008/05/18

Historias de cronopios y de famas

"Aplastamiento de las gotas" (por Cortázar):



Ti que es: un cronopio ou un fama?


Publicada no 1962, o autor é o arxentino Julio Cortázar, un dos escritores máis innovadores e orixinais do seu tempo (e de toda a a historia da literatura!). Auténtico maestro do conto.

Nesta obra, de carácter surrealista recopílanse unha serie de textos variados divididos en catro apartados. Podes atopar desde un manual de instruccións sui generis ata o relato das habilidades e costumes duns especímenes moi peculiares: os cronopios e os famas.

Os cronopios: seres un tanto marxinais e poetas; os famas: moi contrarios ós anteriores, defensores da orde.

Se queres saber algo máis do escritor, personaxe moi interesante, por certo, consulta a súa páxina (e entre outras cousas poderás escoitar outros relatos na súa propia voz!)

5 comentarios:

xosé tomás dixo...

É un libro que megustou moito e di cousas moi oirixinais recomendo a todo o mundo que o lea ademais non e un libro longo e relaxa moito lelo
Vanessa Taboada

Anónimo dixo...

En galego e debedor consciente e agradecido desta obra de Cortázar tedes Manual de Instruccións de Xavier Queipo, paga a pena tamén botarlle un ollo se vos gustaron as Historias de cronopios e famas.
Cuquejo

Silvia Vázquez, S3A dixo...

Este libro me gustó mucho porque es diferente a los demás, cuenta historias de la vida de una forma irónica. Animo a la gente a que lo lean, porque es corto y fácil de entender. Además, es un libro que te hace reír. A mi, personalmente, los que más me gustan son los cronopios, ya que son los más simpáticos.

Carla dixo...

Este fantástico libro de Julio Cortázar gustoume moito, xa que non se asemella a ningún outro libro que xa lera e fíxome disfrutar dende a primeira historia.
O que máis me gustou foron as historias dos cronopios e das famas.
Eu penso coma Silvia e creo que os cronopios son máis divertidos e véxome identifacada con eles.
Recomendo o libro a calquera persoa porque é fácil de entender e tamén é moi entretido.

Anónimo dixo...

Este libro gustoume moito porque e moi distinto de todos os demais e é fácil de entender. Recomendolle-lo a todos, aínda que non lles guste ler. Pasarán un anaco divertidos cos cronopios e famas. MERECE A PENA !!!
Sandra 3ºA