2008/05/14

O bosque dos raposos aforcados



Esta novela do finés Aarto Paassilinna é outro dos grandes éxitos lectores deste curso:
Oiva Juntunen é un delincuente de pouca monta que consegue roubarlle varios quilos de ouro ao goberno de Noruega. A vida sorrille a este novo rico mentres os seus cómplices están no cárcere, pero cando estes saen e lle van reclamar a súa parte do botín, Oiva prefire fuxir ás recónditas paraxes da Laponia finlandesa antes de entregarlles un só gramo do seu prezado metal amarelo a aqueles maleantes sen estilo. Naquelas frías terras do norte coñecerá a un comandante borrachuzas, a unha vella que foxe dos servizos sociais, a dúas prostitutas e outros tantos personaxes cos que acaba vivindo unha serie de estrafalarias aventuras no límite entre a realidade e o absurdo.
Oiva e os seus novos amigos agárdante na biblioteca, en galego, na edición de Rinoceronte, ou en castelán, baixo o título El bosque de los zorros, en Anagrama. Se xa riches lendo este libro, déixanos o teu comentario para que outros tamén o fagan.

2 comentarios:

Cristina Novoa dixo...

Pois eu rin, e moito, con este libro de Paasilina, un dos autores-sorpresa dos últimos anos. Moito me gusta, ademais, ver os seus libros traducidos ao galego. Por recomendar, eu recomendo todos os seus libros, pero EL AÑO DE LA LIEBRE paréceme xenial.
Desde que o lin pensei que estes libros podían ter unha gran aceptación entre os lectores xoves, non só polo seu "humor negro", tamén polos valores que subxacen nas súas historias (crítica feroz aos sistema, defensa do medio ambiente, pacifismo...). Seica os finlandeses agardan cada ano pola publicación dun novo título deste autor-gloria nacional, eu xa agardo que Rinoceronte "saque" unha nova tradución... lémolos con certo retraso... pero é unha sorte!!!

Miguel Muñiz dixo...

este libro me gustó mucho, lo lei en Laponia,en una cabaña con 7 amigos más,el libro lo había comprado uno de ellos(no me acuerdo de cual)justamente porque la historia era en Laponia, me rei un monton con el, será que los fineses tambíen tienen retranca gallega...