2008/05/21

Píldoras azules



Este cómic é un relato autobiográfico na que o autor, Frederik Peeters, cóntanos a súa historia de amor con Caty. Ela é seropositiva ao igual que o seu fillo de tres anos, froito dunha realción anterior. Ao longo da historia vemos o seu namoramento e a evolución da relación a partir do momento no que ela lle conta a Frederik a existencia da enfermidade.


A obra engánchanos, facéndonos compartir tanto os medos como o amor sinceiro do protagonista. Ao mesmo tempo, Píldoras azules móstranos como a sociedade percibe esa terrible enfermidade que é a SIDA

6 comentarios:

Anónimo dixo...

É un libro tenro e mesmo optimista. Malia a durísima historia que nos conta non podemos evitar sorrir con optimismo con moitas das súas páxinas. Ah! E ten unha declaración de amor realmente fabulosa. Excepcional

Anónimo dixo...

Eu empecei a lelo e tiven que parar porque me resultou un pouco forte!

Andrea dixo...

Xa lin este libro o ano pasado e encantoume,a pesar de que non leo cómics habitualmente.Con el podémonos dar conta de como unha persoa con SIDA pode ter unha vida practicamente normal.Paréceme que ademais de que a historia é boa,está ben contada facendo que vexamos a enfermidade da protagonista como un aspecto dela e non como un impedimento ou unha barreira para ela.

Judith dixo...

Encantoume este libro porque cóntanos a vida dunha persoa con SIDA dunha forma ejempar e diferente.

Alba dixo...

Este libro é moi interesante porque,conta dunha maneira moi sinxela, unha historia de superación na que unha rapaza intenta facer unha vida normal coa súa parella e fillo.

Anónimo dixo...

Encantoume!!!
Animeime a lelo gracias á recomendación de Cristina (como non, jeje) e enganchoume desde a primeira páxina,ademais non se tarda nada en lelo (facia moitísimo que non lia un libro tan rápido!) .E nunca está de máis saber un pouco máis sobre este terrible mundo e a vida cotia das persoas que teñen que vivir nel.

Esme Bac 2º A