2008/05/20

El lector



Michael Berg ten quince anos. Un día, cando regresa a casa dende o colexio, comeza a atoparse mal e unha muller acude na súa axuda. A muller chámase Hanna e ten trinta e seis anos. Unhas semanas despois, Michael, agradecido, lévalle a casa un ramo de flores. Este é o comezo dunha relación erótica que sempre vai precedida polo mesmo ritual: ela pídelle a Michael que lle lea en voz alta fragmentos de Schiller, Goethe, Tolstoi, Dickens... ata que un día Hanna desaparece sen deixar rastro.
Sete anos despois, Michael, estudiante de Dereito, reencontraraa nun xuizo, entre as acusadas de crimes de guerra nazis e, dividido entre os gratos recordos e o desexo de xustiza, tratará de comprender e descubrir quen é en realidade a muller que amou.
Fascinante novela sobre o amor, o horror e a piedade, se xa a liches, déixanos o teu comentario!

1 comentario:

Anónimo dixo...

Esta novela paréceme orixinal e distinta,pois non conta unha historia de amor habitual.Penso que nela se mezclan os sentimentos polos recordos coas emocións do presente sen que o protagonista sepa a cales facerlle caso.Por esto creo que é unha historia interesante.