¿Por que nos gusta Harry Flashman, o soldado máis cobarde, sinvergüenza e mulleirego do exército británico?
Pois, ante todo, porque este inefable antiheroe fainos pasar un bo rato coas súas descaradas aventuras e, de paso, nos tralada aos acontecementos máis importantes do século XIX, nos que participa, case sempre, de forma involuntaria.
Pois, ante todo, porque este inefable antiheroe fainos pasar un bo rato coas súas descaradas aventuras e, de paso, nos tralada aos acontecementos máis importantes do século XIX, nos que participa, case sempre, de forma involuntaria.
No primeiro libro da serie, “Flashy”, como lle gusta facerse chamar, é expulsado da escola secundaria tras unha enorme borracheira que remata coa paciencia do Director, e decide ingresar na Compañía de Husares de Lord Cardigan, cos que viaxará a Afganistan. Alí tocaralle intervir nun dos episodios máis vergoñentos da historia do exército británico: a desastrosa retirada militar de Kabul. Sen embargo, o seu instinto de supervivencia fará que, coma sempre, salve o pelexo e, de paso, consiga unha condecoración...aínda que para iso teña que meterse en asuntos non de todo legais... O normal nos aventureiros de verdade.
¿Pedimos máis?
1 comentario:
Este libro, foi o primeiro que lin dentro do clube de lectura, e quizais fose o que mais me gustou. Quizais sexa pola caradura do protagonista, ou quizais polas increibles descripcions, pero este libro gustoume moito.
Quizais no veran me anime e continue cos seguintes capitulos.
un saudo
Tomás (2º BAC)
Publicar un comentario