2008/05/20

La señorita Smila y su especial percepción de la nieve


Pouco antes do Nadal, a señorita Smila, xeóloga, especialista en neve, descubre un día, de regreso a súa casa, o cadáver do seu veciño e amigo, o pequeno Isaías. A versión oficial fala dun posible accidente, pero Smila sospeita algo moito máis turbio e decide investigar ela mesma a morte, pois se sinte moi unida ao rapaz que, coma ela, pertencía á pequena comunidade de esquimais groenlandeses de Copenhague.
Smila descubrirá entón que a morte do neno está relacionada cunha expedición segreda a Groenlandia feita anos atrás, na que o propio pai de Isaías morrera misteriosamente, na procura dalgo moi valioso que agochan os xeos do ártico.
Peter Hoeg mestura neste libro os subxéneros narrativos máis populares (aventuras, acción, misterio, viaxes, ciencia-ficción, amor, etc), creando unha historia tan fascinante e inolvidable como a propia protagonista, a intelixente, sensible e rebelde Smila.

3 comentarios:

Anónimo dixo...

Eu creo que é un libro moi desigual e que vai perdendo forza conforme se avanza na lectura

Anónimo dixo...

eu comencei a lelo pero non acabei,é bastante denso pero bonito,se tedes tempo ledeo porque creo que realmente merece a pena,eu teño pensado acabalo,non sei cando,pero vouno rematar

Anónimo dixo...

A min este libro pareceume moi bonito,pero costoume meterme na historia e ata a páxina 80 máis ou menos non me enganchou.Aínda así gustoume bastante e unha vez que comecei resultoume fácil continuar.