2008/05/22

Despedimos á xente de 2º de BACH

Hoxe, xoves 22 de maio, tivemos a última reunión dos papalibros deste curso para o grupo de xentiña que se nos vai do instituto (2º de Bach). A sesión foi diferente: todos na biblioteca, man a man cos ordenadores, o grupo adicouse a facer comentarios aos posts deste blog. Foi realmente alucinante ver tanto balbordo na biblioteca, e colas de xente para deixar impresións sobre libros lidos. Parabéns a todos os que fixestes posible esta aventura. Os primeiros sorprendidos somos os profesores, que tan só puxemos os medios. O resto, o realmente importante, fixéstelo vós, rapazas e rapaces, que semana a semana vos metestes de cheo na lectura, cunha paixón que nos fixo (en serio) caer a baba.
E aínda que moitos dos alumnos se van á universidade, sabemos que van seguir en contacto con nós a través deste blog, que é xa deles. Así, ano tras ano iremos ampliando esta comunidade virtual.
Graciñas.
O equipo de profes do Club Papalibros.

5 comentarios:

Tomás dixo...

Alaaa. ainda non marchamos e xa nos estan a botar.jeje. Foi unha reunion moi interesante, ainda que creo que estabades algo escasos de ordenadores.
Como podedes ver, eu cumplo, e voume pasar por aqui sempre que poida, para ver se hai algunha novidade, e algun libro mais, que estea ben.
Por certo, eso de rapaces... nesta ultima reunion... como nos contarades a Xose Tomas como rapaz... so estaba eu. jeje. Asi que xa tedes un reto para o ano que sera o de conseguir mais xente, e sobre todo, a ver se se une algun rapaz mais.
1 saudo
Tomas (2º BAC)

Anónimo dixo...

Por suposto que isto non remata aquí. Este recuncho creado para poder pasarnos a miúdo dende as nosas casas e axudarnos do publicado, tanto dos posts como dos comentarios, para decidir en que libro embarcarnos, fará a máis de un entrar, aínda que non deixen constancia delo. Os libros que te soen atraer, é porque alguén chos recomendou, e segundo creo eu, iso será o que faremos a maioría: pasar por aquí e deixar que nos recomenden. Gracias por facilitarnos a participación e por incentivar a ilusion polos libros.
Núria Álvarez B2A

Anónimo dixo...

Ai...cando unha le esto é cando se da conta do moito que se nos da no insituto, e do moito que custa deixalo tamen...pero non o imos deixar, pasaremonos por aqui cada vez que leamos un deses libros que marcan, eses que nos recomendamos ai, alumnos e profesores...Graciñas por facer que cada paso me guste máis ler, e por deixarnos este bo recordo do ies.

xosé tomás dixo...

Pois xa que estamos agradecendo uns a outros, os profes estamos orgullosos de que o Club de Lectores tivese tanto éxito. Non deixedes de aportar ideas e suxestións dende a distancia, que para a internet non hai kilómetros.
graciñas unha vez máis
XTomás

Anónimo dixo...

lendo esto paraste a pensar todo o que se nos da e non nos damos conta, e por outra parte a peniña que da deixar esto pero bueno, seguiremonos pasando por aqui cando poidamos e algun dia ata iremos comerlle unha frutiña ali no descansillo do primeiro piso non?
pois eso que moitisimas gracias a todolos profes que fan esto posible, e a seguir lendo moitoo
un bico
Belen Torreiro (2ºBac A)