Amosando publicacións coa etiqueta Narrativa xuvenil. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Narrativa xuvenil. Amosar todas as publicacións

2022/05/13

EN TERRA RARA, CON XOSÉ DE CEA


O pasado mércores, 4 de maio, tivemos a sorte de ter con nós a Xosé de Cea para comentar a súa última publicación, En terra rara, lectura dos Clubs de benxamíns e xuvenil nestes últimos meses.

O seu argumento resultounos xa atractivo de entrada: Xo, unha moza gandeira de 17 anos, declárase en folga de fame para defender a casa e as terras da súa familia dun proxecto co que unha compaٌñía canadense pretende extraer terras raras, un grupo de minerais moi cotizados polo seu amplo uso en novas tecnoloxías e na mal chamada transicción  verde. A través dos vídeos que colga en Instagram coñeceremos o seu mundo, vemos a súa evolución, e vemos a súa loita contra un Goliat que non só é a compañía mineira, senón os medios, os políticos e ata os seus propios veciños.

Xosé comentounos a xénese do libro, como se lle ocorrera a idea a partir dunha proposta para un guión cinematográfico. Explicounos a imaxe da portada, un debuxo de P. Panduriño a partir dunha fotografía de Asunción das Encrobas, muller que xunto coas súas veciñas se enfrontou á garda civil cando Fenosa quixo construír nas súas terras un encoro en 1977. Descubriunos, tamén, todos os significados que encerra o título: as terras raras que son o reclamo da compañía mineira, a terra rara que pode ser a adolescencia que vive Xo ou o "enterrar á rara" que fai unha comunidade cando alguén se atreve a alzar a voz e a defender algo diferente do diñeiro fácil.

A nós do libro gustounos moito o empoderamento das mulleres, elas son as que moven o mundo: Xo loitando contra un xigante, a súa nai turrando dunha casa e dunha explotación gandeira, Camiño, unha bióloga apaixoada que se adentra no profundo dos bosques para descubrir especies autóctonas a piques de extinguirse ou Antía, a médica que trata a Xo cunha empatía que lle devolve a seguridade.

Ademais, podemos ver En terra rara como unha novela de aprendizaxe. Xo, a punto de cumprir os dezaoito anos, consegue coa súa decisión gañar a maioría de idade, non só física, senón tamén moral. A súa protesta é unha proba iniciática, coma as que en outras sociedades se lles esixía aos varóns para ser admitidos no mundo dos adultos. Xo, ademais de conseguir esa maioría de idade plena, é unha heroína que logra unha fazaña porque consegue un obxectivo, pero que tamén se coñecerá mellor a si mesma e comprederá mellor o mundo no que vive.

Pero por riba de todo, o que nos transmitiu Xosé de Cea é a necesidade de defender a nosa terra da barbarie que pretende destruír o noso enterno por unha présa de cartos, que son pan para hoxe e fame para mañá. A necesidade, tamén, de defender e preservar o noso para non esquecer quen somos.

2019/11/26

REVOLUCIÓN DETRITO CON XOSÉ DE CEA


A pesar da súa miseria, Ticho cría nos contos de fadas. Decotío, a esperanza dos pobres ten forma de milagre, de maná caído do ceo, de fada madriña que che vén sacar das leas a golpe de variña máixica. Así e todo, crendo como cría nos contos de fadas, Ticho quedou de pedra cando topou cun trasno na mina de carbón na que traballaba.
Así comeza Revolución Detrito, a última novela de Xosé de Cea, escritor melidense con quen tivemos a sorte de compartir a nosa última sesión de club de lectura.
Revolución Detrito, que pode ser clasificada como novela distópica, discorre na República de Ocidia, un estado totalitario que recorda a demasiadas dictaduras dos nosos tempos, gobernada con man de ferro, após dun golpe de estado, por un dictador de nome rimbombante alcumado Napialatón, que tamén nos resulta extremadamente familiar. A descrición do aparato e mecanismos de poder son un déjà vu, fascismo fachendoso, ignorancia, incompetencia e cinismo. Un mundo desigual que aboca á miseria á maior parte da sociedade, un mundo do revés onde os nenos teñen que traballar para manter á súa familia. Ticho é un destes nenos que dende os oito anos deslómbase nunha mina xunto coa súa irmá Area, que traballa nun vertedoiro. O seu pai, Papá Dimas, quedou eivado sen atención de ningún tipo e súa nai, mamá Melba, supostamente emigrou para mellorar as súas vidas.
Pero o que a nós pode parecernos unha distopía é unha realidade en moitas partes do mundo. Xosé veu provisto de fotos de nenos traballando en minas e vertedoiros que poderían ser ilustracións da novela. Sen ir máis lonxe foi unha realidade no noso país até hai ben pouco. O dedicatario do libro é o pai do autor "que, con trece anos, xa traballaba picando pedra nunha canteira... tres pesetas á hora, oito horas ao día, mellor que coidar ovellas...".
O único xeito de saír deste pesadelo vai ser unha revolución artellada na clandestinidade polos disidentes do réxime e Ticho e Area, sen sabelo, van xogar un papel fundamental. O encontro de Ticho con ese trasno que se anunciaba no comezo marcará un punto de inflexión nas súas vidas. A revolución fará caer o réxime e traerá a xustiza, pero terá un alto prezo para Ticho e Area. Non é un conto de fadas perfecto.
Sen ser un conto marabilloso, esta lectura amósamos que ás veces as revolucións só son posible se cremos na maxia, se loitamos contra o imposible. Ticho é o elixido precisamente por crer nos contos marabillosos.
A hora e pico que puidemos estar con Xosé de Cea pasou voando. Non podemos facer outra cousa que recomendar este libro que, aínda que estea editado na serie xuvenil de Xerais Fóra de Xogo, parécenos moi acaído para lectoras e lectores de todas as idades. Con razón esta novela resultou finalista do XII Premio Raíña Lupa de Literatura Infantil e Xuvenil. Parabéns, Xosé, e agardamos con ansia unha nova obra.

2019/06/25

A FILLA DO MINOTAURO, DE MARILAR ALEIXANDRE

Este é o vídeo que Icía García Carregal presentou ao concurso Reto Lector 2019, que organiza a editorial Galaxia e que está a punto de publicar a súa resolución.
Non falaremos moito do libro, que é unha lectura moi recomendable, porque cremos que non o imos facer mellor que Icía, quen  en menos de dous minutos explica xusto o necesario e anima a calquera a lelo.
Estamos cruzando os dedos, que a sorte acompañe a Icía!!

2019/03/03

ENTREVISTA A LEDICIA COSTAS


O pasado venres 22 de febreiro tivemos a sorte de ter a Ledicia Costas no IES de Melide para falar da súa novela O corazón de Xúpiter.
Este foi un libro de lectura en 2º de ESO e na clases de Reforzo estudamos e limos os seus textos. O corazón de Xúpiter cóntanos a historia de Isla, unha rapaza que inicia nas redes sociais unha relación con alguén alcumado Xúpiter, que acabará destruíndoa.
Esta non é só unha novela que nos pon en garda sobre os perigos das redes sociais, senón que é tamén unha novela que nos fala de soidade, de acoso escolar, das falsas apariencias, pero tamén de amizade, de valentía e de amor.
Despois da nosa charla con Leticia puidemos facerlle unha entrevista na nosa emisora Falamelide, para comentar aspectos da súa traxectoria, da súa obra e, en contreto, do Corazón de Xúpiter. Velaí.


 

2016/04/10

CON CHOCOLATE Y LETRAS, UN BLOG ALTAMENTE RECOMENDABLE

Vimos de descubrir agora o blog Con chocolate y Letras, que administra unha das nosas Papalibros, Iria Barreiro.

O blog xa leva varios meses activo, pero nós aínda dimos con el recentemente e xa nos puxemos a devoralo.
O primeiro que queremos destacar é calidade dos seus artigos, ben redactados, e sempre escollendo temas interesantes e atractivos. Gústannos especialemente os temas de debate como ¿Libros obligatorios? ou Literatura juvenil, que poñen sobre a mesa cuestións controvertidas das que tod@s temos discutido máis dunha vez.
Outro apartado favorito son as reseñas, que Iria fai con bastante frecuencia. Deixamos aquí, como exemplo, unha sobre un dos libros que limos no club de lectura, Para acabar con Eddi Bellegueule. Sabemos que Iria reseña incluso libros aínda sen publicar que lle pasan escritoras/es noveis.
Pero talvez o máis atractivo é a frescura e espontaneidade que se deixa ver en todos os seus post. Iria é unha gran lectora, sobre todo, de novelas de fantasía e distópicas, os seus xéneros favoritos, pero sen excluír outros temas. Le sen prexuízos, aproveitando todas as ocasións que se lle presentan e está moi atenta as novidades. A súa opinión está ben fundamentada, porque é unha lectora madura que ten un criterio literario.
E xa para rematar, en Con chocolate y letras podes atopar booktags, booktubers, memes literarios, premios de outros bloggers... en fin, non deixedes de pasar por aquí.

2015/12/02

OS PAPALIBROS HOMENAXEAN A XOSÉ NEIRA VILAS

Na xuntanza de hoxe os Papalibros "Benxamíns", de 1º e 2º de ESO, rendiron unha pequena homenaxe a Xosé Neira Vilas na biblioteca, lendo un capítulo de Memorias dun Neno Labrego.
Como xa fixeran varias lecturas deste libro nas aulas de lingua, escollimos "O Rebusque", onde nos enteramos que era ese costume de ir ao campo da festa ao día seguinte para ver que se podía atopar. Por fin a Balbino venlle a sorte que nunca lle acode e atopa unha caixiña feituca  e misteriosa, que que ten un peche que non pode abrir. Balbino é feliz co seu tesouro, devece por saber o que ten dentro pero non quere amolar o peche e escóndeo para que ninguén llo poda quitar. Ao final vai ser a propia natureza, que non entende de segredos, quen lle arrebate a preciosa caixiña á que cehgou a querer máis que a todos os da casa.

2013/10/18

Brújulas que buscan sonrisas perdidas

Esta é unha das últimas adquisicións da biblioteca, pensando sobre todo no nutrido grupo de fans de Albert Espinosa que temos entre os nosos (ou máis ben nosas) Papalibros. A particularidade deste libro é que conseguimos que o propio autor asinara e dedicara un exemplar ao noso club de lectura, ao seu paso pola libraría Cronopios de Santiago de Compostela. Nesta novela Albert Espinosa trata temas como o amor, a famila, a sinceiriade e as segundas oportunidades nunha historia protagonizada por eses personaxes inesquecibles que caracterizan a súa obra. Reproducimos aquí un pequeno fragmento para abrivos o apetito:
Nunca dejaré de buscar mi archipiélago de sinceridad... ¿Quieres formar parte de él? «Jamás nos mentiremos... Escúchame bien, eso implica algo más que ser sincero... En este mundo mucha gente es falsa... Las mentiras te rodean... Saber que existe un archipiélago de personas que siempre te dirán la verdad vale mucho... Quiero que formes parte de mi archipiélago de sinceridad...» «Saber que puedes confiar en la otra persona, que nunca te mentirá, que siempre te dirá la verdad cuando se lo pidas, no tiene precio... Te hace sentir fuerte, muy poderoso...» «Y es que la verdad mueve mundos... La verdad te hace sentir feliz... La verdad creo que es lo único que importa...»
Aquí tedes unha crítica do libro: http://alcalordeloslibros.blogspot.com.es/2013/06/brujulas-que-buscan-sonrisas-perdidas.html. Fans de Espinosa, o libro está agardando por vós na biblioteca do IES de Melide.

2012/04/20

AS NOSAS XUNTANZAS DOS MÉRCORES

No último trimestre os e as Papalibros de 1º e 2º de ESO empezamos tamén a xuntarnos os mércores, compartindo lectura e xantar, ao igual que fan os maiores xa dende comezo de curso. Este mércores 18 éramos tantos, que non nos chegaron as cadeiras e sillóns do segundo andar. Xantamos bocatas, comida feita na casa e pizzas. Algúns comeron rapidísimo e tiveron máis tempo para ler. Entre os libros que comentamos estaban Trece años de Blanca de A. Fdez Paz e E Xoel aprendeu a voar, de Marisa Campo, que son lecturas de lingua castelá e galega. Pero as e os máis lectores falaron doutros libros que estaban lendo: Tamara recomendaba Crepúsculo, a novela gráfica, Miriam Marina de Ruiz Zafón, El Barón rampante de I. Calvino, La evolución de Calpurnia Tate e algún que outro máis; Ainhoa Molly Moon y el increíble libro del hipnotismo, Nadia Los Juegos del hambre... Outros libros que leron varios papalibros foron as sagas de Crepúsculo, de S. Meyer, a saga de vampiros de Darren Shan, a triloxía de Conerlia Funke Corazón de tinta...
Como os vampiros parecen estar de moda, o próximo mércores imos ver a película Drácula de Bran Stoker, de Coppola, baseada na novela do mesmo nome e autor, que foi o inicio da literatura de vampiros. Que medo!

2011/11/02

ÚLTIMAS NOVIDADES

Aínda que non pasamos polo blog ata agora, este ano o club de lectura arrincou con forza. De momento temos 65 Papalibros en nómina e sabemos que aínda faltan por apuntarse algúns incondicionais. O grupo máis abundante é o de 1º Ciclo de ESO, como non podía ser de outro xeito. Os rapaces e rapazas de 1º e 2º de ESO son os máis asiduos visitantes da Biblioteca, pero tamén temos un nutrido grupo en 3º e 4º de ESO, uns cantos Papalibros decididos a compartir o xantar ou mediodía dos luns e algúns Bookbusters, que sen dúbida medarán en cantidade.
E para recibir aos nosos lectores, que mellor que libros frescos, recén saídos. Velaí uns cantos títulos en banda deseñada que acabamos de adquirir: máis volumes Bone, clásicos como Mafalda ou Todo 36-39 malos tiempos de Giménez,  V de Vendetta de A. Moore, novidades editoriais como Habibi, de C. Thompson, ou autor de Blankets que tanto gustou o ano pasado, Haarman, el carnicero de Hannover, The Beats, biografía das figuras máis relevanes da xeración beats; unha revisión dos mitos gregos en Greek Street; cómics en galego como Causas Nobres de F. Bueno, cunha fermosísima dedicatoria aos Papalibros, A man do Diaño de Brais Rodríguez, Cabana de Baleeiros de Tokyo... e non podía faltar Nómades, a última entrega de Xosé Tomás, profe neste centro, que nos relata historias de mulleres emigrantes.

Tamén en literatura xuvenil temos algunhas novidades: Os dous primeiros volumes de Crónicas del Reino de la Fantasía, a nova serie de Gerónimo Stilton, Las aventuras de Ulises, tamén de G. Stilton; Reckless, a última triloxía de Cornelia Funke, o primeiro volume de Ulysses Moore, El valle de los Lobos de Laura Gallego, Caperucita Roja. ¿A quien tienes miedo?, La Aventuras de Tintin, la novela, Emily, The strange; El diario de Sofia, libros sobre gladiadores romanos...
E para os maiores, Muerte en Estambul e a recén publicada Con el agua al cuello, as novelas policíacas que nos faltaban de Petros Márkaris, que ven de gañar o VII premio Pepe Carvalho. Mal de pedra, unha interesante novela da escritora sarda Milena Agus ou Fransknstein ou novo Prometeo son algunhas das novidades que atoparás si ves a biblioteca.

2011/02/09

CONTOS PARA MANUELA


Título: Contos para Manuela
Autor: Mario Pereira
Editorial: Alfaguara Obradoiro
Ano
: 2002
Contos para Manuela son, como o propio autor di, "case contos", reducidos a un principio e tres finais para que o lector escolla o que lle guste máis ou imaxine outros moitos posibles. Falan do iglú que quere marchar a países quentes, do mirasol que non mira para o sol, do peixe atrapado nunha foto, e doutros moitos personaxes que nos engaiolarán nos dezaseis relatos que compoñen esta obra.

Recoméndovolo principalmente @s imaxinativos/as,aos que vos guste inventar as vosas propias historias ou modificalas segundo os vosos desexos.

2010/06/18

Alicia no país das maravillas. A través do espello



Esta é a historia dunha nena que por curiosidade sigue a un coello. A partir diso, Alicia vai a dar a outro mundo, chamado O pais das maravillas.. Nese país coñece a moita xente peculiar, que a axudará a atopar o camiño de volta á súa casa.

Este libro gustoume porque me encantan os libro cheos de fantasía. Recoméndollo a toda a xente á que lle gusten as historias fantasticas.
Eva (2ºESO D)

Marina


Nesta novela entrelázanse dúas historias: A relación amorosa que manteñen Oscar e Marina e o descubrimento do terrible misterio que agocha o inquietant Kolvenik.
A historia gusmoume moito, porque a intriga esta ben lograda e os personaxes son interesantes.
Jenifer Varela (2ºESO D)

Rebeldes



A novela conta a historia de dúas bandas rivais e o que lles sucede aos membros de cada unha, rapaces "rebeldes"que non se adaptan ás normas impostas e que se verán inmersos nunha serie de problemas, pelexas e mesmos sucesos aínda mais graves, ás veces máis por lealdade ao grupo que por covicción.
Recomendo este libro a quen lle interesen as historias reais e de intriga.

Estefania Rodríguez (2ºESO D)

Konrad



Un dia la señora Bartolotti estaba desayunando cuando de repente sonó el timbre . Ella había encargado cucharillas de cafe, pero cuando abrió el paquete, dentro de una lata encontró a un niño minúsculo de 7 años llamado Konrad. El vecino de la señora, el señor Engon, conoció al niño y poco a poco Konrad fue queriéndolo como a un padre . Él era farmacéutico. Un día, unos hombres llegaron a la casa de Bartolloti buscando a Konrad, porque se habían equivocado en el envío. El chico era para otra persona. La señora Bartolotti y su vecino decidieron entonces esconderlo en la farmacia pero los descubrieron. Sin embargo, cuando entraron se llevaron una malísima impresión -ya sabréis por qué- y decidieron marcharse de nuevo sin recoger a Konrad. Desde entonces nuestro pequeño protagonista fue feliz para siempre con su nueva familia.

RAUL E JORGE 2º ESO D

Cómo ligan los chicos



Este libro trata sobre un neno chamado Luke, que coñeceu a unha rapaza no enterro do seu pai. Luke estaba perdidamente eamorado desa rapaza, que era amiga da súa irmá Eve. Luke non sabia que facer, pero grazas a un amigo da sua irmá, chamado Ryan, aprendeu a conquistala en seis pasos. Grazas a Ryan e aos seis famosos pasos, namoruse tamén del e acabaron xuntos.

Recomento este libro aos rapaces aos que lle gusten os libros de amor e con final feliz.
Iris seoane

2010/03/12

El curso en que me enmore de ti



Este relato trata dunha banda de amigos que non sabia o que lle ía suceder no futuro.
Este libro fala dos problemas da vida real, e os conflictos polo o amor.
Tamén fala de como elexir as compañias, xa que podes acabar moi mal.
O que nos tenta ensinar é que a vinganza non é a mellor solución para os problemas.
Facédenos caso, lédeo, que paga a pena. Cando comeces a lelo non vas querer parar, engancha dende as primeiras liñas!!!!!
Rocío Paredes e Iván Rouco (2ºESO D)

2009/11/27

El Diario Secreto de Mole

Hola que tal?

Este libro conta a vida de un neno chamado Adrian Mole. Adrian te problemas na casa ,esta namorado dunha rapaza,esconde revistas pornograficas debaixo da cama.Unha das desventuras máis divertidas de libro é a que conta que un , Adrián despois de discutir co seupai ao colexo cuns calcetins roxos e ainda que estaba prohibido no uniforme escolar e o director expulsouno.Pandora (a sua moza) fixo unha ulga e levaron todos calcetins roxos:o director expulsou a todos unha semana cunha carta a os seus pais
Antón Pérez Castro 2ºD

2009/11/13

El pequeño vampiro



Tendes que lelo! Este libro trata dun neno que, subindo as escaleiras da súa casa, atopa un vampiro chamado Rudiger. Despois de ir visitalo un par de veces, o neno e o vampiro viven xuntos unha serie de aventuras. Máis adiante coñece aos seus irmáns Lumpi e Anne. Anne faise íntima amiga de Antón, tan amigos se fixeron que chegaron a namorarse.

Este libro gústoume porque é unha historia moi bonita, fácil de ler e divertido. Eu aconsello que o leades canto antes porque este libro só o podedes disfrutar dunha forma especial se o ledes no seu tempo, antes de cumprir demasiados anos e cambiar de gustos!!!
Eva (2ºESO D)

As Bruxas


A novela trata dun rapaz e a súa avoa, que intentan eliminar as bruxas do mundo. Eles van de vacacións a un hotel en Inglaterra e atopáronse cunha convención de bruxas. Nese encontro as Bruxas tratan de atopar unha formula para converter aos nenos en ratós. O protagonista cae nas mans das bruxas e acaba convertido el tamén nun rato. Sen embargo, o neno conseguirá salvarse e salvar a todos os nenos do mundo grazas au plan infalibleque deseña a súa avoa.
Unha vez que distruiron ás malvadas bruxas inglesas, os protagonistas volven a Noruega para seguir buscando a maneira de acabar para sempre coas bruxas.
A min gustoume o libro, excepto a parte na que se conta a morte dos pais. Eu recomendo que o leades porque é divertido, engacha, é fácil de ler e faiche case, case crer que as bruxas existen de verdade!!!
IRIS (2ESO D)

2009/11/06

Campos de fresas, Jordi Sierra i Fabra


Tendes que ler este libro:
trata dunha rapaza adolescente
que nunha noite tomouse...
Non podo segir contando porque se non...
Vaivos gustar porque son cousas que pasan
e que nos poden pasar.
Deste libro aprenderedes moitas cousas.
Xa veredes.
A min gustoume porque me interesa a realidade, asi
que a quen lle guste que o lea
FACÉDEME CASO E LÉDEO!!!!
ides aprender cousas novas !!!!
e ata llo podedes ensinarr aos vosos pais, porque tamen lles vai gustar
LEEDEO!!!!!
Iván Rouco (2ºESO D)