Estamos aproveitando que esta tempada temos no noso centro a Xabier Xil Xardón facendo unha substitución, para que nos imparta uns obradoiros de creación literaria.
No club de benxamíns estamos a traballar co relato fantástico. Xabier repartiunos un material para ter un punto de partida: navia é unha rapaza que vive nunha illa afastada do mundo, que non recibe viaxeiros dende hai centos de anos. Todo o saber dos devanceiros está gardado nunha arca con tres cerrollos, custodiada polas anciáns do lugar. Navia quere coñecer mundo, pero para iso deberá acceder aos documentos da arca, construír unha nave e botarse a navegar nun mar cheo de monstros lendarios e mil perigos descoñecidos.
Navia escribe unha bitácora ou caderno de viaxe. No décimo terceiro día de viaxe a auga escasea e ela empeza a ter problemas par durmir. Que pasaría no vixésimo quinto día, no sexto ou no décimo cuarto?
Xa levamos dúas sesións e agardámosvos na terceira e derradeira o próximo mércores 20 de marzo.
Amosando publicacións coa etiqueta Narrativa fantástica b>. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Narrativa fantástica b>. Amosar todas as publicacións
2019/03/08
2016/04/10
CON CHOCOLATE Y LETRAS, UN BLOG ALTAMENTE RECOMENDABLE
Vimos de descubrir agora o blog Con chocolate y Letras, que administra unha das nosas Papalibros, Iria Barreiro.O blog xa leva varios meses activo, pero nós aínda dimos con el recentemente e xa nos puxemos a devoralo.
O primeiro que queremos destacar é calidade dos seus artigos, ben redactados, e sempre escollendo temas interesantes e atractivos. Gústannos especialemente os temas de debate como ¿Libros obligatorios? ou Literatura juvenil, que poñen sobre a mesa cuestións controvertidas das que tod@s temos discutido máis dunha vez.
Outro apartado favorito son as reseñas, que Iria fai con bastante frecuencia. Deixamos aquí, como exemplo, unha sobre un dos libros que limos no club de lectura, Para acabar con Eddi Bellegueule. Sabemos que Iria reseña incluso libros aínda sen publicar que lle pasan escritoras/es noveis.
Pero talvez o máis atractivo é a frescura e espontaneidade que se deixa ver en todos os seus post. Iria é unha gran lectora, sobre todo, de novelas de fantasía e distópicas, os seus xéneros favoritos, pero sen excluír outros temas. Le sen prexuízos, aproveitando todas as ocasións que se lle presentan e está moi atenta as novidades. A súa opinión está ben fundamentada, porque é unha lectora madura que ten un criterio literario.
E xa para rematar, en Con chocolate y letras podes atopar booktags, booktubers, memes literarios, premios de outros bloggers... en fin, non deixedes de pasar por aquí.
2016/01/11
BOOKTUBERS: RECOMENDACIÓN DE LIBROS EN YOU TUBE
O fenómeno booktuber está arrasando nas comunidades lectoras. Como podedes deducir do seu nome, trátase de compartir as paixóns lectoras a través dun canal de You tube. En fin , nova nova forma de reseñar un libro para a que só se necesita unha webcam/video, unha conexión a internet e un pouco de labia. O booktubers soen utilizar booktags, etiquetas que se pasan uns a outros, a modo de desafío e/ou xogo, e que relacionan uns libros con outros e con outros vídeos.
Agardamos a que os Papalibros, en breve, se animen a este tipo de reseñas.
Velaí as recomendacións que Nubes baixo ti nos manda dende Ourense. Unha boa forma de comenzar o ano, Felices lecturas!!
Agardamos a que os Papalibros, en breve, se animen a este tipo de reseñas.
Velaí as recomendacións que Nubes baixo ti nos manda dende Ourense. Unha boa forma de comenzar o ano, Felices lecturas!!
2015/06/22
FELIZ VERÁN E FELICES LECTURAS!
Non queremos despedirnos sen publicar a guía de lecturas para as vacacións, que ao longo do curso foron elaborando as rapazas e rapaces de 1º de ESO A coa súa porfesora Aurora Mourenza. Non marchedes sen coller un libro. Aínda que xa se prestaron moitos, temos abondo para todas e todos.
Feliz verán e felices lecturas!
2015/06/20
OS PAPALIBROS DESPIDEN O CURSO EN FURELOS
No club Papalibros de 1º ciclo de ESO xa temos institucionalizada a nosa despedida de curso na praia fluvial do río Furelos. Este ano o tempo acompañou e foron moitas e algúns as valientes que se atreveron a bañarse despois de comer. Velaí facendo as cousas que máis nos gustan club: comer (sobre todo pizza) e ler. Botade unha ollada ás nosas lecturas...
Esta última semana os Papalibros de todos os cursos e idades fixeron un auténtico atraco á biblioteca, levando emprestados unha chea de libros. Case houbo pelexas nos títulos máis solicitados: Bajo la misma estrella, de J. Green, os primeiros números de sagas como El corredor del laberinto, Los juegos del hambre, Delirium, After de A. Tood, Juego de Tronos de G. R. R. Martin... o caso é que moitas e moitos tiveron que levar os libros en bolsas e houbo quen levou máis de 10 libros para as vacacións.
Felices lecturas e feliz verán para todas e todos e , moi especialemnte para os Papalibros.
2015/05/14
LER BAIXO AS ARBORES, POR FIN A PRIMAVERA!!
Na xuntanza deste mércores, co primeiro ciclo de ESO, falamos dalgunhas lecturas. Por exemplo, María Fuciños, de S1A, está a ler La caída de los gigantes, un libro de máis de mil páxinas que len os adultos. María vai chegando á páxina catrocentas e contounos que o libro narra historias de diferentes personaxes que viven en Inglaterra,
Rusia, Alemania... que logo se encontrarán na primeira Guerra Mundial.
Aproveitamos para explicar que o título, A caída dos xigantes, fai referencia á caída dos grandes imperios europeos como Prusia ou Austria-Hungría despois da primeira Gran Guerra.
Dende aquí queremos tamén felicitar especialmente a Ana Mª Prieto, de S1C, que bateu o récord de lectura completando catro carnés de Papalibros. Ana leu 24 libros no que vai de curso e gañou catro vales de 10 €. Esta si que que é unha Papalibros!!
2009/04/20
Drácula, Bram Stoker

No muerto, nosferatum... Vampiro...
Creo que no me equivoco al decir que todos nosotros, todos aquellos a los que conocemos y a la vez todos los que conocen a los que nosotros conocemos han oído hablar de vampiros. Digo vampiros igual que podría decir hombres-lobo, hadas o elfos. Pero el tema que ahora me ocupa son los vampiros y, en concreto, uno: El conde Drácula. Podríamos decir que en su mundo de vampiros él es uno de los jefes.
No creo que tenga que explicar lo que es un vampiro, pero por si acaso, un vampiro es un ser que vaga por las noches, penando. No está ni muerto ni vivo y se alimenta de sangre, preferiblemente, si el menú lo permite (ja, ja) humana. La única manera de matarlo es clavarle una estaca en el corazón y cortarle la cabeza, separándola del cuerpo. No os creáis que hay una especie de Buffy Cazavampiros o algo por el estilo, todo esto, a aprte de pertenecer al "saber popular" está en la novela de Stoker, que ya os imaginaréis de qué va...
Lo curioso en él es cómo está narrada la historia, ya que se cuenta a través de los diarios de los distintos personajes que intervienen. En caso de que no os apetezca mucho leerla por su extensión (falta de tiempo/excusa que quieras, al estilo de se-me-ha-muerto-el-pez). Os puedo recomendar también una película: Drácula de B. Stoker, que a diferencia de otras muchas grandes historias (Crepúsculo, Harry Potter...), que se estropean al pasarlas al cine y decepcionan, esta vale la pena.
Eso sí, no os penséis que al recomendar la peli dejo de recomendar el libro, eh!
Carlota Casal (1ºBAC A)
2009/01/21
Tolkien

Posiblemente haxa autores de moita máis importancia que Tolkien,pero poucos hai que coseguiran enganchar a adolescentes e non tan adolescentes de todo o mundo (nomeo adolescentes coma un grupo aparte porque din as malas linguas que non nos gusta ler), cunha obra tan extensa.
O primeiro libro escrito por Tolkien desta tematica é O Hobbit, no que se relata a viaxe de Bilbo Bolson pola Terra Media e o roubo dun poderoso anel con poderes maléficos á criatura Gollum nas minas de Moria.
...ese anel... unha pequena xoia,case insignificante, pero que nos ten a todos os freaks lendo o que serían tochos infumables de non ser por un argumento tan absorvente que fai que un se olvide de que hai vida fora da Terra Media.
Na súa triloxía O Señor dos Aneis cóntase cómo Frodo,o sobriño de Bilbo, cruza a Terra Media(acompañado pola Compaña do anel ó comezo e logo só polo seu fiel xardiñeiro Sam Gamyi) co fin de chegar ó Monte do Destino (nas ardentes entrañas de Mordor).
Non vos vou contar máis porque paga a pena lelo.
Por último falareivos de Contos inconclusos de Númenor e da Terra Media, que son os contos e relatos nos que se apoia Tolkien para crear o seu mundo.
E ata agora é todo, simplemete animarvos coa lectura desta saga que aínda que o comenzo se fai un pouco pesada acabate engaiolando entre elfos e ananos.
O primeiro libro escrito por Tolkien desta tematica é O Hobbit, no que se relata a viaxe de Bilbo Bolson pola Terra Media e o roubo dun poderoso anel con poderes maléficos á criatura Gollum nas minas de Moria.
...ese anel... unha pequena xoia,case insignificante, pero que nos ten a todos os freaks lendo o que serían tochos infumables de non ser por un argumento tan absorvente que fai que un se olvide de que hai vida fora da Terra Media.
Na súa triloxía O Señor dos Aneis cóntase cómo Frodo,o sobriño de Bilbo, cruza a Terra Media(acompañado pola Compaña do anel ó comezo e logo só polo seu fiel xardiñeiro Sam Gamyi) co fin de chegar ó Monte do Destino (nas ardentes entrañas de Mordor).
Non vos vou contar máis porque paga a pena lelo.
Por último falareivos de Contos inconclusos de Númenor e da Terra Media, que son os contos e relatos nos que se apoia Tolkien para crear o seu mundo.
E ata agora é todo, simplemete animarvos coa lectura desta saga que aínda que o comenzo se fai un pouco pesada acabate engaiolando entre elfos e ananos.
Carlota Casal (1ºBAC A)
La invención de Hugo Cabret

Hugo, o protagonista desta historia, é un orfo que vive só nunha estación parisina arranxando reloxos. Se quere sobrevivir, ninguén debe coñecer a súa existencia. Sen embargo, un día comete un erro e é descuberto por vello xogueteiro e unha rapaza amante dos libros. Entre todos tentarán descubrir un misterioso asunto vencellado a un autómata, un debuxo, un caderno e unha mensaxe do defunto pai de Hugo.
O libro é moi entretido e emocionante, non é moi longo e está cheo de imaxes que contan a historia dun xeito moi cinematográfico. Gustounos moito porque é moi misterioso. Recomendámosvos que o leades porque está moi, moi ben.
Celeste Arias e Pilar López (3ºESO A)
Se queres ver algunhas das estupendas ilustracións de Brian Selznick, pincha aquí http://lainvenciondehugocabret.grupo-sm.com/
2009/01/20
Memorias de Idhún

Trátase dunha triloxía de literatura fantástica protagonizada por un rapaz chamado Jack que vive en Dinamarca cos seus pais.Un día, ó chegar á casa despois do colexio, encontra mortos ós seus pais, a el salvano uns homes e explícanlle todo o ocorrido. Namórase dunha rapaza chamada Victoria. Ten, ademáis, un inimigo mortal chamado Kirtash.
Dende a morte dos seus pais o protagonista vive en Limbhad unha franxa entre o mundo real, A Terra, e o imaxinario reino de Idhún.
Jack e os seus salvadores formarán un grupo chamado "A Resistencia" que se verá envolto en múltiples aventuras entre Limbhad e A Terra... e xa non vos conto máis porque é mellor que o leades vós mesmos.
É unha obra moi entretida, eu xa me lín a 1ª parte e vou na 2ª!
Andrea (3ºESO A)
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)