2024/04/05

O CÓMIC

  Seguindo a liña marcada desde Bibliotecas Escolares, no Papalibros Bexamín e Xuvenil dámos comezo á lectura en formato de cómic: 

Nunha sesión amena e distendida o alumnado fixo un xogo de adiviñanzas  para unir cada texto coa súa imaxe. Traballamos co álbum ilustrado, "A lavandeira de San simón", de Eva Mejuto; "El azul es un color cálido", de Julie Maroh; con "Arrugas", de Paco Roca e  "O lirio branco"(Astérix), de Goscinny.






 Despois, ao final da sesión @s alumn@s máis lectoras fixeron suxestións de cómics que leron recentemente.



                                   

2024/04/02

EN SÍSTOLE , FE NÚÑEZ

 

    No mes de novembro tivemos unha sesión máis curta de Papalibros, pero especialmente emotiva, por estar en vésperas da publicación do poemario
   "En sístole"




 Esta coordinadora  sentiuse feliz e agradecida de ter o privilexio de poder asinar e adicar nunha sesión da modalidade  Adultos o seu poemario a cada un dos membros deste magnífico club.
 
 

 
 


MANUAL PARA MUJERES DE LA LIMPIEZA


 O Papalibros Adulto  segue a andaina do outono coa lectura de "Manual de mujeres de la limpieza" de Lucia Berlin

 

 


 

A través dos seus relatos camiñamos coa protagonista cara aun mundo de seres marxinados presentados nunha prosa deliciosa, nesta novela autobiográfica.

 

                       

 

 

 Comentamos no noso petisqueo o humor e a melancolía con que Lucia Berlin describe ás mulleres  dos seus relatos: desorientadas,  convulsionadas, que rin choran beben e,,,sobreviven.

 Chin, Chin!!!

 

 



2023/09/26

CURSO 2023-2024

 VISITA DE MARIA SOLAR

Onte no Papalibros Adulto estreamos   curso  con María Solar e "A  culpa". María entrou coma unha rebanda de sol na biblioteca e gobernou a mesa con tanta dozura que case esquecemos os biscoitos.

Veu para dicirnos  que, con frecuencia, son sutís as fórmulas que nos indican ás mulleres onde está a nosa mera de culpa . E tamén de atranco, claro.  Pero tamén veu para confirmarnos  que a vida dunha escritora é así  a dunha muller calquera, coma unha nai, coma unha filla,  que vive e  traballa por fóra da novela malia que ás veces deba  pararse de camiño con algún personaxe.




Hoxe abrimos  as  portas  da biblio. Todas. Deixamos entrar o outono descalzo. E  cando saímos a lúa estaba tan baixa coma unha mazá. 



                                     



                                      A culpa foi de María Solar.
                           


2023/06/21

FIN DE CURSO CON MARIE CURIE E XIAO BERLAI

 

 

LA RIDÍCULA IDEA DE NO VOLVER A VERTE, ROSA MONTERO

 


 

 Este foi o último título deste curso no  Papalibros Adulto. Con el camiñamos da man  de Rosa Montero para coñecer  máis de perto a figura de Marie Curie e os atrancos que atopou  para demostrar  o seu talento como científica.

Neste ensaio narrativo descubrimos a unha Marie apaixonada  e a unha Rosa Montero que afonda no dó e na perda dos seres queridos. Porque a verdadeira dor é impronunciable. Por iso a literatura é un bálsamo para atravesar as pontes das que non pode falarse. Pero si pode escribirse. Como fixo Marie. Como fixo Rosa.


Pero esta vez ademais o Papalibros saíu da biblioteca escolar para celebrar a fin  de festa na   compañía de Xiao Berlai, músico, poeta e debuxante, que nos serviu unha tarde deliciosa.


Xiao veu cargado de acordes e cores 
 




    

 

 

          


  Pero tamén desfrutamos dunha mesa festeira nun Papalibros grande e escumoso,

 decorada  cos marcafollas  artesanais de Inma  e o corazón agradecido desta 

coordinadora. 

 Feliz verán!