
Ola lectores, hoxe estrenome como novo colaborador do papalibros, e para comezar , tocame facer referencia a un libro xa mencionado na anterior entrada por Cristina, El Tio Petros Y La Conjetura de Goldbach escrito polo grego Apostolos Doxiadis.
Eu como afeccionado as matematicas considero que este libro e unha gran opcion , narranos a historia do sobriño do Tio Petros , que e un rapaz que sempre quixo coñecer a misteriosa vida do seu tio xa que casi nunca o ia visitar porque nunca estaba dispoñible...
Segundo vai medrando o rapaciño vai descubrido pouco a pouco que o seu tio fora matematico no pasado e deste xeito intenta descubrir mais cousas sobre el, e mesmo quere facerse matematico no futuro, pero a partir de aqui chegan os problemas , unha vez que llo di a seu tio, este proponlle resolver un problema que parece moi simple e ponlle como condicion que se o resolve poida acceder a estudar esa disciplina, pola contra se non o resolve debera firmar un "contrato" no que prometeria non estudala.
Logo de intentalo sen exito, vaise estudar a EEUU onde descobre que lle mandara resolver un dos problemas mais duros da historia das matematicas , a conxectura de Goldbach,: todo nº par maior que 2 e igual a suma de dous numeros primos , por exemplo 12=7+5, parece facil eh! pois veña poñedevos a resolvelo jeje.
O rapaz continua a investigar e descobre todo sobre a vida do seu tio que estivera intentando o problema durante 30 anos e que decidiu desistir ao final. Pero cando o seu sobriño lle seguiu recordando ese problema o Tio puxose de novo co problema e deixa un final aberto ... quizais o resolva e quizais non: ledeo e opinade.Saudos de Adolfo de 2ºA BAC.




























