2009/01/21

Tolkien


Posiblemente haxa autores de moita máis importancia que Tolkien,pero poucos hai que coseguiran enganchar a adolescentes e non tan adolescentes de todo o mundo (nomeo adolescentes coma un grupo aparte porque din as malas linguas que non nos gusta ler), cunha obra tan extensa.
O primeiro libro escrito por Tolkien desta tematica é O Hobbit, no que se relata a viaxe de Bilbo Bolson pola Terra Media e o roubo dun poderoso anel con poderes maléficos á criatura Gollum nas minas de Moria.
...ese anel... unha pequena xoia,case insignificante, pero que nos ten a todos os freaks lendo o que serían tochos infumables de non ser por un argumento tan absorvente que fai que un se olvide de que hai vida fora da Terra Media.
Na súa triloxía O Señor dos Aneis cóntase cómo Frodo,o sobriño de Bilbo, cruza a Terra Media(acompañado pola Compaña do anel ó comezo e logo só polo seu fiel xardiñeiro Sam Gamyi) co fin de chegar ó Monte do Destino (nas ardentes entrañas de Mordor).
Non vos vou contar máis porque paga a pena lelo.
Por último falareivos de Contos inconclusos de Númenor e da Terra Media, que son os contos e relatos nos que se apoia Tolkien para crear o seu mundo.
E ata agora é todo, simplemete animarvos coa lectura desta saga que aínda que o comenzo se fai un pouco pesada acabate engaiolando entre elfos e ananos.

Carlota Casal (1ºBAC A)

7 comentarios:

David Méndez dixo...

Ola, Car. Casi que me vas convencer para que empeze co Señor dos aneis, pero antes acabar cos exames, que me quitan tempo de máis. Debo ter as dúas primeiras partes por casa, así que me poñerei no verán e logo deixo aqui un comentario, máis que nada para deixarche quedar coma a merda se non me gusta jeje (é coña).
Ala, pásao ben.

Carlotta dixo...

haha mira que eres ben!!pois enserio que cho recomendo xa que é un dos meus escritores favoritos,e aparte os libros estan moi ben feitos.
e dime con qeu examenes estas liado?porque de momento que eu sepa non temos ningun!xD!
haha deixando o tuto a un lado animote de novo a que o leas!
vemonos!!

David Méndez dixo...

Quen dí exames di tamén outras cousas. Ou acaso non temos traballo coa liga de debate?
Ainda que agora que o penso, debería estar mirando cousas e non en internet jeje.
Vémonos.

Anónimo dixo...

Eu estou con Carlota. Tolkien ten a capacidade de crear un mundo completo nun mangado de páxinas, mesmo é quen de crear unha lingua coherente e con gramática de seu (psst... que vos vou contar.. Tolkien era filólogo).
Moito ánimo con todo todo e un saco de bicos para repartir.

Cuquejo

Susana dixo...

Caramba, vexo que María Cuquejo está ao loro do noso blog. Pois, despois dos vosos comentarios voume animar a desempolvar os temo que teño aparcados de El Señor de los anillos... (Nunca é tarde...)

Carlotta dixo...

ala! cuquejo seguindo o noso blog!!
facia que non sabiasmos de ti!tes que ver un dia por melide...
ben ela foi a que me meteu na "saga tolkien" e claro o resto foi tirar para adiante..

un bico!

Carlotta dixo...
Este comentario foi eliminado polo autor.