2009/01/14

La maravillosa vida breve de Óscar Wao

"En la noche, cuando estaba echado en la cama pensando en la chica de la que estaba enamorado, una fresita cuya familia era de Cancún, tuve la visión de un pobre nerd negro y jodido del gueto llamado Óscar Wao, el tipo de nerd del gueto que habría sido yo si no me hubieran "descubierto" las chicas el primer año de high school. Óscar no iba a ser el caribeño sexy por el que la industria del turismo vive y muere. Me di cuenta de que podía escribir acerca de este chico nerd que vive obsesionado por la historia y por las chicas, que sólo es bueno para la fantasía y para la ciencia ficción y que, sin embargo (trágica, cómicamente), pertenece a una comunidad y a una cultura que propiamente no se enloquece por los nerds de color ni por sus intereses"
Junot Díaz


A excelente novela de Junot Díaz (Premio Pulitzer 2008; National Book Critics Circle Award 2007) foi un dos meus grandes descubrimentos deste outono. Retrata a vida dos inmigrantes dominicanos no Nova Iorque dos anos 70 a través das desventuras do adolescente Óscar Wao e da súa familia, ao tempo que fai unha lúcida e irónica análise da dictadura de Trujillo. O mellor é a lingua: Unha verdadeira festa de palabras que invita a recrearse na mestura de rexistros e falas, reflexo da fronteira cultural na que viven os protagonistas, e mesmo logra arrincarnos o sorriso cómplice, e tamén a risa, pese os dramáticos acontecementos aos que nos enfronta.

Cristina

2 comentarios:

Anónimo dixo...

Este libro é un libro espectacular, onde o autor xoga coas palabras e onde se ve unha dominación da linguaxe fascinante,que fai que nos momentos máis duros e tráxicos da vida do protagonista che faga rir.

Definitivamente encantame este libro.

Xisela

David dixo...

Verdadeiramente engancha. A trama e moi intensa e cando pensas que vai rematar, zas, cambia de personaxe e déixache coa intriga. Unha novela que en serio che fai reflexionar. Recoméndovola a todos.