2009/02/04

X Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra


O venres 6 de febreiro dous membros do noso club de lectores imos facer un obradoiro de blogs e literatura no marco das actividades que propón anualmente o Salón do libro de Pontevedra (http://www.salondolibro.org/) baixo o título "Biblomelide: Un proxecto de animación á lectura na rede", para amosar o traballo que vimos desenvolvendo entre todos dende o curso pasado. Velaquí algúns enlaces de blogs e webs onde podemos atopar ideas interesantes sobre os usos didácticos das TIC en relación coa literatura e unha breve bibliografía complementaria para seguir reflexionando sobre a importancia do fomento da lectura na Educación Secundaria.

1 comentario:

Teresa dixo...

Noraboa, Papalibros! Léndovos dan ganas de voltar ás aulas e regresar ao instituto!
Bicos desde Vigo. Teresa