Na xuntanza deste mércores, co primeiro ciclo de ESO, falamos dalgunhas lecturas. Por exemplo, María Fuciños, de S1A, está a ler La caída de los gigantes, un libro de máis de mil páxinas que len os adultos. María vai chegando á páxina catrocentas e contounos que o libro narra historias de diferentes personaxes que viven en Inglaterra,
Rusia, Alemania... que logo se encontrarán na primeira Guerra Mundial.
Aproveitamos para explicar que o título, A caída dos xigantes, fai referencia á caída dos grandes imperios europeos como Prusia ou Austria-Hungría despois da primeira Gran Guerra.
Dende aquí queremos tamén felicitar especialmente a Ana Mª Prieto, de S1C, que bateu o récord de lectura completando catro carnés de Papalibros. Ana leu 24 libros no que vai de curso e gañou catro vales de 10 €. Esta si que que é unha Papalibros!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario