Aínda que este curso non fixemos moita publicidade, as xuntanzas do club de adultos seguen vento en popa. Seguimos xuntándonos un mércores ao mes cun par de lecturas: unha novela e un cómic.
Así levados lido dende que comezou o curso os seguintes títulos: La mujer habitada de G. Belli, Barrio Lejano de Taniguchi, La acabadora de M. Murgia, Los combates cotidianos de M. Larcenet, Memorias de la niña mala de M. Vargas Llosa, Watchmen de A.Moore & D. Gibbons, O sentido dun final de J. Barnes e Carta a una desconocida de S. Zweig.
Nesta última xuntanza demos conta de Tokio Blues, de H. Murakami, e do primeiro volume de Blacksad, de Guarnido & Díaz Canales. Murakami forma parte dese intento que facemos as Papalibros de achegarnos a outras literaturas e resultounos sorprendente o protagonismo deses mozos tan libres e independentes nun Tokio de finais dos anos 60 occidentalizado ao que chegan os ecos do maio do 68. O protagonista, Toru Watanabe, un mozo marcado polo suicidio do seu único amigo, comeza os seus estudos universitarios e debe enfrontarse á vida en medio da soidade e a inseguride propia da súa idade. Descubrirá o amor, pero un amor que conleva dor, e buscará con ansia a amizade. Chama a atención a ausencia da figura paterna ou de outras persoas maduras e adultas que o acompañen nesa transición a idade adulta á que chega a través da superación da dor e coa axuda dos seus iguais, que tamén sufriron como el.
Pero se as nosas lecturas van por bo camiño, a parte gastronómica non queda atrás. Velaí a estrela do noso club de gourmets, o delicioso pan que fai Maruxa no seu forno de leña, desta vez con forma de corazón, todo un luxo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario