2011/05/23

USHA

Uxía, Usha para os seus amigos, escribe o seu diario contando todo o que lle acontece na India, onde está vivindo con súa nai, que é membro dunha ONG. Fálanos dos seus amigos e amigas, da cultura, comidas, tradicións, idiomas... da India e tamén nos menciona que un grave acontecemento está a ocorrer en Galiza: un barco naufragou fronte as costas galegas e está contaminando todo con petróleo. Debido a isto, Usha e súa nai deciden volver a Galiza.

8 comentarios:

Anónimo dixo...

A min este libro gustoume moito polos distintos acontecementos que se contan. Pero por outra parte pareceume un pouco infantil, sobre todo io principio da obra, pero non estivo mal lelo!
Maria A./ 2ºESO A

Anónimo dixo...

Gustoume moito este libro. O que mais me impresionou foi a historia de Savitri e Rama, na que a pesar de todo triunfou o seu amor.
Convidovos a todos e a todas qe vos animedes a lelo! (:
Patricia 2º ESO A.

Anónimo dixo...

A min este libro gustoume moito xa que me permitiu coñecer algunha cousa sobre a cultura inda.E se tivera que decir un aspecto negativo serìa que o principio costoume entendelo.
Pero convido a que o leades :)

Anónimo dixo...

A min este libro gustoume moito xa que me permitiu coñecer algunha cousa sobre a cultura inda.E se tivera que decir un aspecto negativo serìa que o principio costoume entendelo.
Pero convido a que o leades :)
Irene F. 2º ESO A.

Anónimo dixo...

Esta novela gustoume xa que contén unha chea de aspectos positivos para os lectores, solidariedade, humildade.... por exemplo a axuda que proporcionou a nai de Usha a súa amiga te tiña graves problemas cos seus pais, en canto aos aspectos negativos, destacaría a crueldade coa que uns pais tratan a unha filla, obrigandoa ao "matrimonio forzado" e privandoa dos seus estudos.
Recomendolle este libro a todas aquelas persoas que lle guste aprender cada dia máis sobre a vida.
Alba C. Nº8 2º ESO A.

Anónimo dixo...

É un libro moi bonito que nos explica as sociedades indias e como nos somos tratados fora. Recomendo a súa lectura a todos.

diegoar10 dixo...

DIEGO ANDRADE 2A

Aida C dixo...

Neste libro aprendín algúns aspectos sobre a India como que se tiñan que casar con alguén que elexira seus pais, non con quen querían. Por iso me pareceu moi interesante.