2011/05/25

MAKINARIA


Esta nova obra de Carlos Negro é "un libro de versos co depósito cheo de gasolina, testosterona e alcol" como aparece na contraportada do libro. O destino é a morte .
Estes versos libres dedicados aos mozos e mozas de Dodro para que cheguen a vellos é un recordatorio para toda a xuventude de que non somos inmortais

This is the end.

Cando veñades rezar,
a me falar en silencio,
a soas coas sombras,
rogaríavos,
se non vos importa,
que non pousedes
derriba do nicho,
flores de plástico.
Non desas flores
que semellan vivas,
mais naceron mortas.
Daríanme frío

32 comentarios:

Anónimo dixo...

Mediante Makinaria, o seu autor, Carlos Negro, fíxonos ver a poesía como un novo xeito de contar un tema tan da actualidade coma os accidentes nas estradas por exceso de velocidade. Sempre se tivo a visión do xénero poético como un medio de expresión de sentimentos, emocións etc. Pero como podemos ver tamén serve para falar da inconsciencia deses mozos que día tras día ven a estrada coma un xogo no cal expoñen as súas vidas, acabando en moitas ocasións con elas, sen ter en conta, ademáis, a gran dor que causarán á súa familia e achegados.
Penso que a rapidez coa que se lé esta obra nos pretende facer ver que a nosa vida tamén se pode ir a esa mesma velocidade.

Patricia 1ºBAC.B

Anónimo dixo...

Makinaria reflexa moi ben a problemática das noites de saída dos xóvenes. Por unha banda estaría esa xente nova, que só pensa en sentir o ruxido do motor, o son das rodas ó queimarse contra o pavimento firme da estrada...Só buscan con isto, excitación... Por outra banda, os pais, quenes sofren pensando onde estarán os seus seres máis queridos, pensando en que oxalá non chegue esa chamada que anuncie o accidente dos seus fillos. En cambio, éstes, pasarán da excitación dun coche ó frío dunha ambulancia ou dun coche fúnebre.

Victorio 1ºBAC.C

Anónimo dixo...

O libro Makinaria, é un libro distinto aos que limos ata agora, xa que é un libro de poesía. Gustoume por ser un libro diferente do resto, posto que xa poucas veces nos mandan ler poesía. Makinaria está escrito para lectores xóvenes aos que lles gustan os coches, a música... , moitos poidéronse ver identificados con este libro. Por iso animo a todos os xovenes a ler Makinaria xa que é un libro que se le moi rápido e de xeito doado.
Alba.C 1ºBac C

Anónimo dixo...

Maquinaria é un libro diferente como nos explicou Carlos Negro,xa que é un libro de poesía non como os que mandan ler habitualmente.
A min persoalmente namoroume este libro porque se sae do común falando de temas actuais cos que parece mentira que se poida facer poesía.
Maquinaria é unha canción adicada de algunha maneira a falta de medo dos mozos e mozas de dezaoito anos, que pretenden sobrevivir os aceleróns e poder contárllelo os que veñan pero sempre quedará algún polo camiño porque a ambulancia non chegou a tempo.
Recoméndoo.Riredes moito a pesar dos temas os que se refire.

ANDREA 1ºBAC C

Anónimo dixo...

Este libro é moi diferente a todos os que nos teñen mandado ler ata o de agora. Makinaria é un libro de poesía, pero non un libro de poesía calquera; xa que os temas que trata este libro van adicados a rapaces novos que viven o día a día ao límite, sen preocuparse polo futuro nin pola familia, xa que só pensan no día de oxe. Na miña opinión este libro reflexa moi ben problemas que están moi de actualidade como por exemplo os accidentes de tráfico provocados polo exceso de velocidade, ou polo alcol. Tamén me gustou moito pola claridade coa que o autor pretrende describir determinadas situacións, e transmitir algunhas ideas. Ademais é moi breve e doado de ler.
Alba. S 1ºBAC C

Anónimo dixo...

Makinaria e un libro moi sinxelo de ler, e o mesmo tempo, nesas 70 páxinas con poemas tan curtos dinos moito. Penso que tamén nos fala de máis temas que o principal pero utilizando moitas metáforas relacionadas ca velocidade, derrapaxes etc.
Persoalmente o libro gustoume moito e foime moi facil de ler. Eu recomendaríao posto que pa 15 minutos que pode levar lelo, merece a pena

MARTIN 1ºBAC C

Anónimo dixo...

Makinaria é un libro moi diferente do resto dos libros. Este libro contanos o que fan principalmente os rapaces o fin de semana, xogan na carretera, pero xa antes mezclaran alcol e drogas, mentres que a sua familia esta preocupada de que soe o telefono. Este libro gustoume porque fala do que pasa nas estradas galegas, e transmite moitas ideas.
Óscar Vázquez Casal 1ºBAC C

Anónimo dixo...

Makinaria e un libro moi diferente os demais, xa que o seu autor nos fai ver como e a vida a traves deste libro. Tamen a malloria dos rapaces podense indentificar con el.
Iván Sánchez 1ªBacC

Anónimo dixo...

O libro Makinaria de Carlos negro e un libro con moito ritmo e moi sinxelo de ler.
Nel o autor quere transmitir unha mensaxe que os rapaces que corren por diversón non destraguen así a sua vida porque todo o que empeza ben pode acabar mal.
Este libro gustoume especialmente por que e moi facil de entender.

lorena ambrosio 1ºc bac dixo...

O libro Makinaria de Carlos negro e moi sinxelo de ler e con moito ritmo.
Neste libro o autor quere transmitir unha idea moi clara que os rapaces que corren por diversión o deixen de facer porque todo o que empeza ben sole acabar mal.

Anónimo dixo...

O libro de Makinaria é un libro diferente ós que teño lido ata agora xa que mediante a poesía, Carlos Negro intenta concenciar a xente máis nova sobre os accidentes de tráfico provocados polo exceso de velocidade ou polo alcol. Penso que este libro o deberíamos leer todos porque fai que vexamos a vida de outra maneira e ademáis é moi sinxelo e lese moi rápido.
SANDRA 1ºBAC C

Anónimo dixo...

Makinaria é un libro que me gustou, do que disfrutei lendo. Particularmente a poesía non me gusta moito, pero grazas a este libro puiden comprobar que outros xéneros e non só o narrativo son tamén interesantes. As historías que conta Carlos negro en verso achégannos a realidade dos xóvenes que viven no rural e que só pensan en coches, correr, beber, mocear... É un libro que debería facernos recapacitar sobre algúns feitos da vida cotiá e valorar se realmente vale a pena arriscalo todo por un intre de adrenalina. Por último só me queda recomendar este libro que lese moi rápido e é ameno.
Alba.J 1 ºBAC C

Anónimo dixo...

"Makinaria" é o primeiro libro de poesía que lin escrito en galego, e debo dicir que me impresionou moito. A primeira vista non me pareceu un libro interesante, pero ao seguir coa historia comprendín que non era simple poesía, que ademáis dunha historia levaba unha mensaxe para todos nos, para todos os mozos e mozas que diariamente se enfrontan aos perigos da estrada, e viven sen medo a nada, desafíando á morte. O libro é como unha biografía dalgún rapaz, víctima dun accidente de tráfico, por mor da velocidade ou do alcol.
Ao rematar de ler a historia pensas sobre as consecuencias disto, por eso, creo que Carlos Negro fainos reconsiderar os nosos actos ao volante.
O libro é sinxelo, corto e doado de ler. A velocidade de lectura do libro simboliza a rapidez á que van as nosas vidas.
Recomendaría este libro a tódolos mozos e mozas, que a pesar de ter un triste final, resulta interesante e faiche pensar sobre a vida e sobre a maneira de vivila.

Carla Río 1ºBACH C

Anónimo dixo...

Makinaria é un libro de poesía, que dunha maneira distinta nos reflexa un tema de actualidade como é os perigos na estrada. É un libro, que a primeira vista parece un libro calquera, con moitos poemas que non teñen nada que ver un co outro, pero en canto empezas a ler un tras outro daste conta que che está contando unha especia de historia. O autor, Carlos Negro, divide o seu libro e tres partes, e cada unha das partes contén varios poemas.
A min gustoume moito, e recoméndollo a todo o mundo, xa que é un libro interesante e que se lee moi rápido.

Andrea 1ºBAC B

Anónimo dixo...

Teño que decir que "Makinaria" é o primeiro libro de poesía en galego que lin, e recoñezo que me sorprendeu moito, porque non só consta de poemas, senón que nos conta unha historia coa que nos reflexa os perigos da estrada ós que se expoñen os mozos e mozas cada día e a triste maneira coa que desafían á morte. Tristemente esta é unha historia que reflexa perfectamente a realidade de hoxe, onde a velocidade e o alcol nas estradas son o principal problema. Con esta historia fainos ver a maneira coa que un rapaz perde a vida nunha estrada por causa da velocidade. Recomendo esta obra de Carlos Negro a todos os rapaces e rapazas, que aínda que ten un final desgraciadamente tráxico, fainos ver e pensar nese tema de actualidade. Con todo esto é un libro moi fácil de ler e ó mesmo tempo enténdese perfectamente.

Cristina C.E. 1ºBAC B

Anónimo dixo...

Makinaria e un lirbo totalmente diferente a todos os demaiscon moita orixinalidade e entretemento escrito con moitos poemas e ensinandonos a cara mas dura da sociedade e do que esta pasando dia a dia que son os acidentes da xente nova.Recomendollo a todo o mundo a parte e bastante corto e moi facil de ler.

Oscar laya perez 1ºBac-c

Anónimo dixo...

Makinaria pareceume un libro moi interesante porque e un libro diferente que trata sobre a realidade da mocidade nas estradas pero dunha forma diferente a calquera outro libro. Gustoume moito e tamen me gustou a visita de Carlos Negro que me pareceu unha persoa moi entretida e divertida.

Iván Combo 1ºC bac

Anónimo dixo...

o libro de Makinaria de Carlos Negro gustoume moito porque é moi sencillo de ler e moi rápido.Gustoume a historia que conta porque vai dirixido ós xóvenes e é moi directo.
SORAYA 1ºBAC.C

Anónimo dixo...

Ó libro de makinaria pareceume moi interesante xa que reflicte moi ben o que está a pasar ca mocidade galega nas estradas,e tamén me gustou a visita do autor ao centro que nos fixo pasar un bo anaco e axudounos a reflexionar sobre o que pode pasar se non somos responsables os dias de troula.

Tamara Rodríguez 1º bac C

Anónimo dixo...

O que me gustou mais do libro foi que trata temas sobre a vida das persoas, dos mzos que andan polas estradas que tñen que ter moito coidade
Carlos Negro e un escritor interesante que intenta transmitirnos os mozo a perigozidades das estradas e e un bon escritor

Brayan Stiven Mejia Garces 1ºBAC.C

Anónimo dixo...

O libro Makinar pareceume moi interesanta,a pesar de que habia cousas que non entedia moi ben,hasta que o leu o autor,Carlos Negro.Tamen me pareceu moi actual,un libro para concienciar a xente nova,xa que esa historia era un releto dos moitos mozos que perden a vida nas estradas.a min persoalmente gustoume moito,e ademais e un libro que se lee moi facilmente.

Lorena Cabanas Sànchez 1ºC

Anónimo dixo...

O libro Makinaria foi o primeiro libro de poesía en galego. Gustoume moito porque ademais de ser sinxelo e rápido de ler,e a maneira na que conta o que lle sucede a maioria dos xóvenes galegos é moi direta.

Noemi López 1ºBAC B

Anónimo dixo...

o libro makinaria gustoume moito,é un libro que se le rápido completamente distinto aos que levamos lendo ata agora.Conta a historia dos xóvenes galegos,en especial sobre as estradas...Fainos ver a realidade sobre o que esta pasando ao noso redor.A verdade e que a visita de Carlos Negro contandonos el mesmo os poemas fixo que o libro nos resultara máis interesante e divertido.Este libro recomendariallo a calquera tio de lector porque e un libro mu sinxelo de leer e o que conta e moi interesante.
Analía Ramos 1ºC

Anónimo dixo...

Makinaria e un dos primeiros libros de poesia que lin que me gustou de verdade. Este libro poderiase dividir en duas partes
- A primeira parte poderiase resumir na euforia dos xovenes queimando roda os fins de semana.
- En cambio a segunda parte, seria o sufrimento dos pais por a morte do fillo.
Este libro fainos que vexamos o perigo das estradas galegas o fin de semana.
Angeles Santos 1ºB

Anónimo dixo...

A min o libro makinaria gustoume moito porque é un libro fácil e rápido de leer.
E un libro entretido porque fala de persoas xovenes e das consecuencias que pode ter conducir en malas condicións.
Eu recomendolles os meus amigos que o lean para que pasen un momento divertido.
Rubén V.C 1B.a.cC

Anónimo dixo...

A min o libro de makinaria resultoume bonito porque trata temas como os problemas que pode traer conducir o coche os fins de semana en condicións ebrias.
Eu recomendaríallelo a todas as persoas menores de vinte anos para pasar un cacho divertido e que estean o tanto das consecuencias que pode traer conducir ebrios.
Rubén M.B. 1B.a.c C

Anónimo dixo...

O libro resulta muy rápido e fácil de ler, contanos o boa que é a xuventude e o que pode facer a falta de responsabilidade polas noites.

Diego 1ºC BAC

Anónimo dixo...

Makinaria e un libro que reflexa de xeito moi claro a problematica do dia a dia que viven os moxos e mozas da actualidade nas estradas galegas, onde perden a maioria das veces a vida.
Ademais o autor deste libro,Carlos Negro, escribe unha obra moi breve como a vida destes mozos e mozas que transcorre rapidamente e que finalmente é perdida nas estradas.
A min persoalmente foi un libro que me gustou moito e que me aportou moitas cousas e por iso recomendolle a todo o mundo que se anime a lelo.

Cristina Conde 1º bac B

Pablo dixo...

Makinaria é un libro que nos reflicte a realidade de moitos xóvenes, q arriscan a súa vida mezclando alcohol, drogas e velocidade ao volante. Tamén fala sobre o que moitas familias (nais principalmente) esperan a que o seu fillo/a chegue a casa conducindo a altas horas da mañá.
Este libro gustoume moito xa que non era como outros que lin de poesía ata agora, e a medida que avanzabas nel, máis ganas tiñas de acabalo.
Pablo Laya 1º Bac-C

Anónimo dixo...

Makinaria é o primeiro libro de poesía que lin en galego. Resultoume moi fácil de comprender e moi interesante, xa que reflicte de xeito rápido e directo unha cousa que por desgraza acontece moi a miúdo nos últimos tempos: a morte nas estradas de moitos mozos e mozas.
O libro é unha viaxe polas súas vidas, nas que se reflexan os seus gustos: saír de festa, a música... e cómo todo acaba coa morte pola falta de responsabilidade.

Lorena Labandeira 1ºBAC B

Anónimo dixo...

´´Makinaria´´ é un libro que me gustou moito porque ademáis de que é fácil de ler é un libro que reflicte claramente o que pasa diariamente nas estradas. Mozos ou moezas que non son conscientes do perigo que corren e arriscan as súas vidas ao conducir inconscientemente. Eu recomendaria este libro á xente á que lle gusta vivir ao límite, xa que a sensación que produce ´´Makinaria´´ é unha sensación de velocidade, e un percorrido polas estradas que acaba coa morte dalgún mozo.

Raquel Vázquez 1ºBAC B

Anónimo dixo...

Makinaria é un libro que lle gustou e lle gusta a moita xente.
Xa que nos mostra o que está a pasar na actualidade nas estradas.
O seu autor, Carlos Negro,pretende que a mocidade se dea de conta do perigoso que pode ser conducir con esceso de velocidade.Pois ó longo do ano, morre moita xente a causa disto,e principalmente é xente nova.

Fani Lodeiro Varela 1ºBAC B