2009/06/15

Bécquer


Esta é a miña primeira entrada no blog,e vou falar dun dos libros que lín hai pouco. O libro de Lendas de Bécquer.Unha das historias que máis me gustou foi a lenda "Os ollos verdes" xa que e unha lenda moi bonita porque un home namórase dunha dama que vive nun lago... bueno xa case vos contei toda a historia e visto o visto prefiro que o descubrades vós mesmos a parte de outras moitas lendas que se contan no libro. Gustoume moito porque me encantan estas historias que son románticas e teñen ese punto de misterio.A min antes non me gustaba moito leer, custábame coller un libro, pero cando comecei non puiden deixalo, creaba mundos imaxinarios na miña cabeza na que eu era a protagonista das miñas historias. É fantástico leer cando te sintes soa ou triste, sintes que a xente do libro che fai compaña e nunca te sintes soa. Aconséllovos que se non vos gusta ler que collades un libro e o tratedes como se fose o voso mellor amigo porque sempre vai estar aí para abrirvos portas a mundos de fantasía, que moitas veces te fan chorar cando o terminas, incluso pola morte dalgún dos personaxes. É fantástico.
A lectura foi o meu medio de escape cando estaba triste e nunca deixei de ler desde entón.


2 comentarios:

Susana Losada dixo...

María, ¡que descripción tan bonita fas do que é a lectura para ti! Coincido contigo en que unha das mellores couas que nos porpocionan os libros son o "escape" da tristeza, a fuxida a outros mundos, poboados por outros personaxes. Noraboa polo teu primeiro post, esperamos verte máis a menudo por aquí.

Lidia dixo...

"Os ollos verdes" tamén é unha das miñas preferidas. Outra da que non me esquezo é "Raio de lúa": puro Romanticismo...