2009/06/04

CORREDORES DE SOMBRA



Verán de 1995. No pazo dos Soutelo descóbrese un esqueleto dentro dunha alfombra enrolada, oculto entre dous tabiques. Un cadáver emparedadohai máis de cincuenta anos, cun furado de bala na cabeza. Quen é o morto? Que man empuñou a pistola que o asasinou?
Clara Soutelo asume o reto de desvelar o misterio. Unha investigación que a levará a indagar no pasado da súa familia. Moito tempo despois decídese a contar os sucesos daquel verán dos seus dezaseis anos.

Esta obra de Agustín Fernández Paz é unha historia de amor e aventuras, así como unha visión do que puido acontecer nos anos da guerra. Moi interesante para os amantes da nosa historia e das novelas de amores adolescentes.

11 comentarios:

Anónimo dixo...

Alba.S 3ºA
Este libro gustoume moito.
Enganchoume dende a primeira paxina, unha paxina pediache pasar a outra para ver o que pasaba entre Clara e Miguel, ou para saber si descubrian algunha pista para averiguar quen era o asasino, e de quen era o cadaver.
A unica parte do libro que me pareceu un pouco aburrida foi cando Hortensia ou Sebastian contaban como eran as suas vidas antes e despois da guerra.
Pero e un libro que paga moito a pena ler, ademais e moi facil de entender.

Anónimo dixo...

Adrián Mato Vázquez 3A

A miña opinión sobre este libro é que é bastante entretido, ten moitos persoaxes, pero enténdese ben e tamén é un pouco longo "para min", pero é ben bonito, e non ten nada de aburrido. O que máis me gustou foi toda a historia de Clara xunto con Miguel.

Patri dixo...

Corredores de sombra foi un libro que non me enganchou moito ó comezo.Non estivo mal, pero tampouco foi unha historia que realmente me gustase. Recoñezo que me fixen un pouco de lío con tanto nome, pero ó final aclareime ben. Non me fixo sentir moita intriga porque o final parecíame obvio. Dende o primeiro momento pensei que o cadáver era o de Rafael e así foi. Sen embargo, eu prefiro finais que non esperaría.

Anónimo dixo...

Patricia Souto 3ºESO A

Corredores de sombra, foi un libro que ó principio non me empezou gustando moito pero a verdade e que despois de cada capítulo sentíame moi interesada do que ocorrería no seguinte e dos novos descubrimentos que facían Clara, Carlos e Miguel. A parte de relacionado co suspense, tamén ten unha parte de amor dos que só ocorren nos veráns, e acaboume por gustar bastante.

Anónimo dixo...

cristina conde roca 3ºA
este libro gustoume moito,que digo encantoume!O primeiro dia que o empecei a ler enganchoume moito.O que mais me gustu foi a historia de amor entre Miguel e Clara,inda que o final quedasen só como amigos.Tamen me gustou moito o aprecio que Carlos lle tiña a Clara, e as suas conversas todas as noites. Animovos a que o leades porque está moi, pero moi ben!e a ver se sabedes quen é o asasino antes de que remate a obra.

andre dixo...

Este libro gustoume moito, porque é de intriga e ten unha historia de amor moi bonita.
O principio non me gustou moito, era un pouco rollo pero cando coñeceu a Miguel xa comezoua ser máis interesante.
Recomendo este libro a todo o mundo que lle guste a intriga e tamén aos que lle gusten as historias de amor.

Anónimo dixo...

Miriam Cea Otero
este libro ao principio pareciame un pouco rollo pero, ao seguir lendo, resultábame cada vez mais interesante ata que cando me din de conta, non daba parado de leer.
Gustoume moito como esta contado e pareceume que o que conta a protagonista ao principio e ao final é todo verdade, inda que non nos deamos de conta.
Eu, polo menos aprendin moito lendo este libro e, gustoume bastante, so con mirar a tapa pareciame que non me ía gustar, pero, nunca xulgues un libro pola sua tapa! jeje

Carla dixo...

Corredores de Sombra é un libro moi bonito que conta unha preciosa historia de amor e de misterio.
O que máis me gustou foi que a protagonista non se rinde a pesar de que o seu pai non lle deixa estar con Miguel nin seguir investigando sobre o cadaver.
Pareceume un libro moi interesante que me enganchou dende a primeira páxina, aínda que cando lle vin a portada e o título non me tiña boa pinta.
Dos libros que lin en galego nesta avaliación este foi sen dúbida o que máis me gustou.

Anónimo dixo...

Miguel GARCIA 3B.Pareceume un libro interesante e intrigante.parecia aburrido pero resultou ser interesante e entretido

Anónimo dixo...

Ivan Combo.o principio era bastante aburrido porque non sabia de que ia a historia pero segun que fun lendo mais paxinas pareceume mais entretido e interesante

Anónimo dixo...

fernando vazquez barallobre - pcpi

para min este libro e unha merda xa que cada vez que vou o baño limpo o cu con el.