2008/12/26

Oliver Twist: a película e o libro

O día das vacacións de Nadal puidemos ver a versión cinematográfica de oliver Twist, do director Roman Polanski. Propoñemos en PAPALIBROS unha actividade: que deixedes comentarios a esta entrada os que lestes o libro e vestes a película, comparándoos, dicindo que vos gustou máis e menos, se había moitas diferenzas ou similitudes...en fin, o que vos pareza interesante. VEÑA, VEÑA, A COMENTAR!!

3 comentarios:

Anónimo dixo...

eu fun a ver a pelicula e non me gustou nada de nada .
de feito casi me durmo.
para o proximo ano volverei a ver unha pelicula pero espero que seña mais bonita.
chao colegas.

unha chica de 4º da E.S.O

Anónimo dixo...

Eu tamén asistín á proxección da película, como profesor, e teño unha opinión algo distinta da anterior: o director da obra, Polanski, caracterízase por ser un experto na recreación de espazos e atmosferas, ata tal punto que un queda embobado mirando os incribles escenarios que consegue. É posible que hoxe esteamos tan afeitos a que nas películas ten que haber acción, acción, acción, que esquecemos outros detalles igualmente importantes. A min gustoume a película, aínda que se aparta en moitas ocasións bastante da obra literaria. Pero...xa se sabe: os directores de cine non están facendo outra novela, senón a súa interpretación dela. Eveña, que sigan os comentarios!
Xosé Tomás

Anónimo dixo...

A min o libro gustoume máis que a película, que foi moi larga de mais.