2008/12/01

Oliver Twist



En 1º de ESO acabamos de ler OLIVER TWIST, de Charles Dickens, en inglés. trátase dunha versión cortiña, en formato cómic, pero que deixa traslucir a atmosfera dos terribles suburbios londinenses, as enormes diferencias sociais da época (século XIX), e a potente capacidade de Dickens para construír mundos e persoas.

Oliver é un neno orfo que se cría nun orfanato, e que de alí sae á dura vida das rúas. É enganado, obrigado a roubar, e finalmente acollido por unha familia acomodada. Sabiades que o propio autor pasou por moitas destas dificultades ao longo da súa nenez?

Se leches o libro, deixa o teu comentario, e compárteo cos outros papalibros.

3 comentarios:

Anónimo dixo...

encantounos este libro porque e moi bonito pero a vez cruel.Ademais ao ter un CD fai a historia mais real e axudanos a pronunciar mellor.

Silvia e Paula de 1ºD

Carlotta dixo...

Comparto a idea de que se trata dunha visión un tanto cruel máis creo que é un bo reflexo dos soños truncados e creo que todos nós cmpartimos esa sensación moitas veces.

by ariana

Laura dixo...

eu lin o libro en inglés e tamén vin a película pero está claro que aínda que en ingles encantoume máis o libro