2012/04/20

AS NOSAS XUNTANZAS DOS MÉRCORES

No último trimestre os e as Papalibros de 1º e 2º de ESO empezamos tamén a xuntarnos os mércores, compartindo lectura e xantar, ao igual que fan os maiores xa dende comezo de curso. Este mércores 18 éramos tantos, que non nos chegaron as cadeiras e sillóns do segundo andar. Xantamos bocatas, comida feita na casa e pizzas. Algúns comeron rapidísimo e tiveron máis tempo para ler. Entre os libros que comentamos estaban Trece años de Blanca de A. Fdez Paz e E Xoel aprendeu a voar, de Marisa Campo, que son lecturas de lingua castelá e galega. Pero as e os máis lectores falaron doutros libros que estaban lendo: Tamara recomendaba Crepúsculo, a novela gráfica, Miriam Marina de Ruiz Zafón, El Barón rampante de I. Calvino, La evolución de Calpurnia Tate e algún que outro máis; Ainhoa Molly Moon y el increíble libro del hipnotismo, Nadia Los Juegos del hambre... Outros libros que leron varios papalibros foron as sagas de Crepúsculo, de S. Meyer, a saga de vampiros de Darren Shan, a triloxía de Conerlia Funke Corazón de tinta...
Como os vampiros parecen estar de moda, o próximo mércores imos ver a película Drácula de Bran Stoker, de Coppola, baseada na novela do mesmo nome e autor, que foi o inicio da literatura de vampiros. Que medo!

11 comentarios:

María V. dixo...

A min gustoume moito o primeiro día que viñen as reunions dos papalibros porque foi unha esperienzia moi chula, porque me reunia cos meus amigos para comer e tamén para falar dos libros que estabamos a leer.
Gustoume moito!!

Anónimo dixo...

Alba.V.N
A min encantame a idea de reunirnos todos e falar do libroi que estamos lendo cada un pola sua conta pasamolo moi ben sobre todo en compañia das profess

Carlota P. dixo...

Hola,bos dias,gustaronme moito as fotos porque parecenme un bo recordo dunha tarde que pasei moi ben e que volveria repetir
paseino xenial!!

Candela C. dixo...

Unha tarde fantástica.

Aida C dixo...

Encántanme estas reunións porque estou cos meus amigos e falamos de libros moi interesantes.

nadia dixo...

decide que si!! campeonaaas!!

Alba.V dixo...

É unha chuladaa me encantaa

Lidia V.V dixo...

As reunións son moi divertidas, xa que falamos de un montón de libros que son moi interesantes, ademais tamén vemos pelis, é unha boa forma de entreterse no anaco que temos antes de volver a clase.

Anónimo dixo...

Gustáronme moito as reunións dos mércores, sempre o pasamos moi ben, e moi dirvertido coñecer as opinións dos demias sobre os libros.

Anónimo dixo...

Además, que es una esperiencia nueva y muy bonita para nosotros!

Anónimo dixo...

me encantan as fotos qe nos votaron salimos wuapisimass