A novela comeza coa morte da portagonista, a Mennulara (a Mennú), alcume de María Rosalía Inzerillo porque de nena recollía améndoas. Decontado descubrimos unha situación curiosa: a pesares de ser unha criada, a súa morte congrega á familia dos seus amos que agardan recibir dela unha herencia. Imos descubrindo como a familia do Alfallipe foi vindo a menos e como a Mennulara chegou a desempeñar o papel de administradora. Esta morte provoca unha serie de reaccións e opinións contrarias acerca da protagonista na vila de Roccacolomba: os seus detractores acúsana de fachendosa e de apropiarse da riqueza dos seus amos, mentres que outros lóubana por ser unha muller traballadora e fiel ata morte á famila dos Alfallipe, evitando a súa ruína total. Pero quen era realmente a Mennulara? era unha simple servinte ou era algo máis? Nas nosas reunións dos luns as Papalibros iremos desetrañando a atractiva trama desta obra.E volvemos a agradecer á Casa das Asociacións de Santiago de Compostela a súa colaboración cos Papalibros ao facilitarnos de novo exemplares desta obra.
Ningún comentario:
Publicar un comentario