2011/02/19

RESISTENCIA


Esta obra de Rosa Aneiros preséntanos unha viaxe a través da historia portuguesa da man de dúas familias maldicidas pola escravitude do amor, a morte e o silencio. Como o seu nome indica, é unha historia de resistencia, de loita pola supervivencia; pero ninguén pode escapar aos designios do tempo, e a vida dos protagonistas viuse marcada polas adversas circunstancias políticas que desangraron Portugal ata a Revolución dos Caraveis.
Especialmente indicada para as persoas ás que lles gusta a historia de Portugal e a loita das mulleres para sobrevivir á adversidade.

20 comentarios:

pi dixo...

Ola, moi boas. Se vos gusta a literatura, e máis aínda, a literatura en galego, non vos perdades o concerto deste venres na sala A Fundación: concerto acústico de Sés, María Xosé Silvar e Tito Calviño presentan os temas de Sés desenchufados.
Blues, rock e música latina 100% en galego e 100% orixinal. Letras coidadísimas, asinadas pola propia María Xosé Silvar, formada na música tradicional e licenciada en Filoloxía Galega e Antropoloxía.
http://mariaxosesilvar.com/videos.html

Este venres, 25 de febreiro, a partir das 23:30 na Sala A Fundación. A entrada, a 3 euros

Anónimo dixo...

O libro de Resistencia gustoume moito; é un libro moi interesante e moi fácil de ler. Unha páxina lévate a pasar a outra.
Grazas a historia de amor entre Dinis e Filipa poidemos aprender algo da historia de Portugal nese momento, que estaba sometida a ditadura de Salazar, que deu lugar a Revolucion do 25 de abril. E tamen poidemos aprender que desde que a ditadura rematou en Portugal, ese país cambiou moito.
Asi que animo a xente a lelo porque con el se aprende moito, ademais de ser unha historia de amor moi bonita.
Alba.C 1ºBAC C

Anónimo dixo...

Este libro pareceume bastante distinto a todos os que levo lido ata o de agora. Ao principio, parece que vai narrar a típica historia de amor na que os protagonistas rematan, pero Resistencia é moito máis que iso. É certo que a historia de amor entre Dinis e Filipa, fai que este libro sexa bonito e entretido. Pero tamén hai outras moitas cousas polas que este libro me gustou, e polas que se pode aprender moito, como por exemplo: A importancia que teñen as cartas, o momento histórico e político que esta a vivir Portugal nese momento; as descripcións minuciosas das paisaxes, dos lugares nos que suceden os feitos, e sobre todo das personaxes.
Hai momentos do libro que fan que non pares de ler, ata saber que final lle agarda a cada un dos personaxes da obra.
É unha obra que merece a pena ler.
Alba. S 1º Bac C

Anónimo dixo...

Este libro pareceume bastante distinto a todos os que levo lido ata o de agora. Ao principio, parece que vai narrar a típica historia de amor na que os protagonistas rematan mal, pero Resistencia é moito máis que iso. É certo que a historia de amor entre Dinis e Filipa, fai que este libro sexa bonito e entretido. Pero tamén hai outras moitas cousas polas que este libro me gustou, e polas que se pode aprender moito, como por exemplo: A importancia que teñen as cartas, o momento histórico e político que esta a vivir Portugal nese momento; as descripcións minuciosas das paisaxes, dos lugares nos que suceden os feitos, e sobre todo das personaxes.
Hai momentos do libro que fan que non pares de ler, ata saber que final lle agarda a cada un dos personaxes.
É unha obra que merece a pena ler.
Alba. S 1º Bac C

Anónimo dixo...

Gustoume moito este libro porque reflicte claramente que o amor verdadeiro dura por sempre ainda que pase o tempo e esteas lonxe da persoa a que queres.
tamen me gustou porque se reflicte claramente a loita que fan para chegar a liberdade
Raquel V. 1º Bac B

Anónimo dixo...

Particularmente este libro de Resitencia pareceume moi diferente a calquera dos que lin ata agora, xa que a parte da historia de amor entre Dinís e Filipa, nos achega diferente información sobre a situación á que estaba sometida Portugal nese momento. A parte de, como xa dixen, contarnos a historia de Dinís e Filipa, achéganos de maneira minuciosa as diferentes características das paisaxes nas que ocorren os feitos, e ata o máis mínimo detalle dos persoaxes. Este libro é un deses libros nos que chega un momento na historia no que non te queres perder un detalle por pouco importante que pareza. Recoméndoo como un libro de lectura, tanto obrigatorio como para o tempo de ocio, xa que se pode disfrutar dunha lectura fácil e ó mesmo tempo unha gran historia.

Cristina C.E. 1ºBac B

Anónimo dixo...

Este libro gustoume realmente xa que narra unha verdadeira historia de amor, de como loitan por ser libres e sobre todo porque e o reflexo da situacion na que estaban a vivir as mulleres de esa época que ante todo mostraron a sua resistencia.
Cristina C. R. 1º Bac B

Anónimo dixo...

"Resistencia" é un libro realmente entretido, no que non só se trata unha historia de amor real e sincera, senón que tamén queda perfectamente reflexada a situación social e política que atravesaba Portugal nese momento. De igual modo, o libro tamén se refire a unha constante loita por unha mellora nos dereitos así como unhas ansias de liberdade, sen esquecer o importante papel das mulleres, que pese as dificultades que teñen, nunca se dan por vencidas.
Lorena 1ºBac. B

Anónimo dixo...

Resistencia é un libro que eu penso que a xente que lle gusta ler debería lelo,porque e moi interesante,xa que aprendes moito e o mismo tempo e tan entretido que o estas a ler e tes que seguir por que queres saber que o que lle agarda os personaxes e como vai rematar a historia de cada un deles.
O libro trata dunha historia de amor na que duas persoas loitan por estar xuntas,tamén nos conta a época na que se atopaba Portugal e como a xente loita por ser libre.
Raquel R.S 1ºBac.B

Anónimo dixo...

Resistencia é un libro que a min persoalmente gustoume moito, recomendollo a todo o mundo, pero especialmente a aquelas persoas que lles gusta o drama e o tema do amor imposible. Tamén é un libro entretido, que te engancha, xa que son varias historias enlazadas e os persoaxes vanse enlazando tamén uns cos outros. Neste caso son dúas familias que loitan pola liberdade, o amor e a felicidade. Andrea 1ºBac.B

Anónimo dixo...

Rosa Aneiros mediante esta novela, Resistencia, fainos ver o xeito no que vivía moita da poboación fai uns anos, tampouco moitos. De cómo atravesaron unha moi dura situación únicamente por defender os seus ideais e por buscar a tan desexada liberdade do pobo portugués.
Paralelo a isto, relátase tamén unha difícil relación amorosa entre dous mozos de diferente clase social, algo que para moitos era impensable; unha relación marcada fondamente polo castigo do cárcere.
É unha historia chea de sentimento e de ensinanzas que en ningún dos casos te deixa indiferente.

Anónimo dixo...

28 de marzo de 2011 22:20 (Patricia 1ºBAC B)

Anónimo dixo...

Este libro gustoume moito, a historia entre Dinis e Filipa e moi entretida e interesante.Aínda que cando fala dos asuntos relacionados coa guerra e coa situacion política naquel momento e un pouco aburrido e dificil de entender. Aínda así pareceume un libro moi bo e moi entretido.
Recoméndollo a todo mundo, nerece a pena!
Sandra 1ºBAC C

Anónimo dixo...

En "Resistencia" nárrase a historia dun mozo portugués que chegou da guerra e comezou a tomar contacto ca ideoloxía socialista da época, totalmente contraria ó réxime dictatorial de Salazar. Cóntase como foi detido debido a súa participación nunha desas revoltas socialistas e o xeito no que pasou cada un dos día pechado no cárcere.Baixo o meu punto de vista, hoxe é impensable o feito de poder ser castigado por defender uns ideais que cres acertados.
Dentro disto, nárrase tamén unha historia de amor e todas esas circunstancias que temos que superar para conseguir disfrutar a vida con quen amamos, aínda que algunhas veces non o consigamos e busquemos a outra persoa que nos faga tan feliz como o estaba a facer a anterior. Pero daste conta aquí, que aquela, e só aquela persoa, era a única que te podía facer realmente feliz.

Victorio 1ºBAC C.

Anónimo dixo...

Resistencia narra a historia de amor con final feliz no Portugal da dictadura Salazarista. A autora leva en paralelo a evolución política de Portugal nas últimas décadas e as historias persoais dunha familia a través de dúas xeracións.Os persoaxes terán que ir evolucionando a medida que van descubrindo novas formas de ver e entender a vida. Recomendo ler a novela xa que é interesante, amena e engancha.

Alba.J 1ºBAC C.

Anónimo dixo...

"Resistencia" é unha obra que me gustou, pero non dende o comezo da historia, ao principio, pareceume algo aburrida e difícil de entender. Se cadra era porque non lle prestaba moita atención, xa que imaxinei que sería a típica historia de amor non correspondido. Ao avanzar co relato dinme conta de que no libro aparecen temas verdadeiramente importantes, ao marxe de esta bonita historia de amor, nárrase a situación política de Portugal, axúdanos a comprender como era a sociedade neses tempos, o papel que tiñan as mulleres, e como sufrían e se facían valer por elas mesmas, tamén o feito de 'resistir' e aguantar, xa que moitos persoaxes tiveron que loitar e aguantar situacións moi difíciles ao logo do libro. A pesar de algúns momentos que non me gustaron, houbo detalles que me fixeron enganchar e continuar co libro como as múltiples historias de amor que aparecen, como a de Isaura e Antonio, o tema do exilio e das cartas que moitas veces non chegaban ao seu destiño... Penso que calquera persoa á que lle interese algo a lectura debería ler "Resistencia", xa que é entretida, e a pesar de que o principio non me gustara, conforme pasa a historia, resulta fácil de ler, e incluso fai que queiras seguir lendo. Quizais o que menos me agradou foi o desenlace da obra, xa que me espera algo máis claro, que tivera un final que dera menos que pensar. Decepcionoume un pouco non saber como termina todo. Pero igual Rosa Aneiros fíxoo porque nos agarda unha segunda parte do libro.
Carla Río Vea 1ºBach C

Anónimo dixo...

Resistencia foi un libro que me gustou.Ao principio pareceume algo aburrido,pero a medida que ivan avanzando os capitulos funme enganchando hasta acabar de leelo.No libro trata o tema do amor,e vese en distintas persoas.O que non me gustou moito foi o desenlace da obra,xa que dá moito que pensar,a pesar de eso,recomendolle o libro a todalas persoas.

Adrian Couceiro 1Bac B

Anónimo dixo...

Resistencia e un libro moi bonito pero moi triste.ao principio pouco me enterei del. o tema principal do libro e o amor.O final non me gustou moito xa que non se volven ver os protagonistas. Pero foi un bon libro e recomendollo a moitas persoas.

Óscar Vázquez Casal 1 bac c

Anónimo dixo...

O libro de resistencia pareceme un libro bastante interesante cando o empezas a comprender porque as primeiras 80 pax mas ou menos son bastante liadas,pero despois o que o enganchas eentretido inda asi penso para o meu gusto que falta algunha escena comica amin gustariame un libro moito mais comico.

Oscar Laya Perez 1Bac-c

Anónimo dixo...

A min este libro pareceume bastante interesante.Pareceume mui fácil de entender ainda que o principio resultaba algo lioso.Conta duas historias moi entretidas que fan que o lector siga lendo,a verda e que é bastante interesante.Recomendariallo a calquera tipo de lector.O que menos me gustou foi o final,pensei que acabaria doutra maneira.
Analía