2009/11/02

Pepa a loba


Ola:
Esta é a miña primeira entrada no blog e teño que confesar que non sei moi ben por onde comezar.
Eu quero comentarvos algo sobre a última novela que lin: Pepa a loba. Escollina aconsellada pola miña profesora de lingua galega, e aínda que me custou un pouco decidirme a lela, tan pronto comecei engancheime e pouco tempo me levou rematala. Esta é unha novela de ficción romántica e descarnada inspirada pola bandoleira galega por antonomasia do século XIX: Pepa a loba. Nacida de nai solteira na pobreza e no abandono, tras unha inxusta acusación de asasinato entra no cárcere. Consegue saír e empeza unha serie de asaltos, xunto co seu amado Daniel, que tiñan como obxectivo principal castigar os fidalgos e señores da zona.
Gustoume moito o principio, pero o que máis me impresionou foi o final, xa que non o esperaba... Os capítulos que falan das distintas fazañas de Pepa a loba gustáronme algo menos porque me pareceron máis monótonos. Pero a pesar diso, creo que a todo o mundo lle gustará este libro, e aconséllovos a todos e todas que o leades.
Patricia (B1A)

1 comentario:

Anónimo dixo...

Esta novela paréceme unha historia incríbel.
Persoalmente, gustoume moito o xeito de contala que ten o autor. Penso
que con este libro se reivindica un pouco a cultura dos galegos, a
nosa cultura, pois está chea de lendas e mitos e Pepa, A Loba, é un
deles.
Eu non coñecía esta historia pero agora que a coñezo tamén coñezo un
pouco máis sobre a época na que se sitúa, o contexto político e social
que había e tamén a avaricia existente.
Esta novela é unha boa transportadora a un mundo onde as inxustizas
eran as dominantes e onde o único xeito de facer xustiza era
converterse en bandoleiro, e por iso me gustou moito.
Porén, o que non me gusta do libro, ou o que menos me gustou foi o
final de Daniel.
Xa sei que na realidade non todas a s historias acaban ben, pero dame
moita mágoa a súa morte porque era moi bo e non o merecía, e tamén por
Pepa, que cando por fin comezaba a ser feliz perde ao seu amor, ao seu
amado Daniel.
Malia todo, esta novela, sen dúbida, será un dos libros que recorde
durante moito tempo, tanto como pola súa apaixoante historia como pola
súa sinxeleza.
Estefanía