2009/11/13

As Bruxas


A novela trata dun rapaz e a súa avoa, que intentan eliminar as bruxas do mundo. Eles van de vacacións a un hotel en Inglaterra e atopáronse cunha convención de bruxas. Nese encontro as Bruxas tratan de atopar unha formula para converter aos nenos en ratós. O protagonista cae nas mans das bruxas e acaba convertido el tamén nun rato. Sen embargo, o neno conseguirá salvarse e salvar a todos os nenos do mundo grazas au plan infalibleque deseña a súa avoa.
Unha vez que distruiron ás malvadas bruxas inglesas, os protagonistas volven a Noruega para seguir buscando a maneira de acabar para sempre coas bruxas.
A min gustoume o libro, excepto a parte na que se conta a morte dos pais. Eu recomendo que o leades porque é divertido, engacha, é fácil de ler e faiche case, case crer que as bruxas existen de verdade!!!
IRIS (2ESO D)

1 comentario:

Anónimo dixo...

As bruxas pareceume un libro interesante e con moita imaxinación. O seu escritor Roald Dahl, ten moita imaxinación e dende logo se queredes podedes leer todos os seus libros, que dende logo se vos gustou este podedes leer todos os que escribiu