2008/06/03

De raias, pixamas e nenos





E como en medio mundo, tamén no noso Papalibros está a pasar de man en man: O neno do pixama a raias. Cada certo tempo repítese o feito de que un determinado libro - Los hijos del Grial, El clan del oso cavernario, La sombra del viento, El Código Davinci...- é lido por milleiros de persoas (bos libros? boas campañas de publicidade? O tema dá para pensar un cacho)


O neno do pixama a raias cóntanos a historia dunha amizade entre dous cativos cun aramado entre eles. O protagonista narrador, desde os seus poucos anos, transmítenos unha imaxe dramática do que foi a Alemaña de Hitler (O Fura), a historia tráxica da amizade e da vida mesma en tempos de guerra. Unha novela que en breve irromperá nas pantallas de todo o mundo na súa versión cinematográfica.

Se nos poñemos exquisitos habería que dicir que... con catro motivos xa tópicos na literatura e no cine: protagonista infantil, nazismo, campos de concentración... o autor crea unha historia sinxela, sensibleira e sen maior interese. Albíscase dende o comezo o desenlace, xa dende o mesmo título e a contracapa, e a novela parece ser o resultado dun deses cursos, "Como escribir un betseller", da factoría Baricco... se cadra demasiado exquisitos? Que opinas? Se o liches, por favor, non sexas tímido e cóntanos que che pareceu o libro.




11 comentarios:

Anónimo dixo...

este libro me gustó.Lo que más me llamó la atención fue la forma en que refleja la cruel situación a la que los judíos se veian sometidos por los nazis.
verónica trabazo mouriño 3ºc

Anónimo dixo...

eSTE LIBRO GUSTOUME PORQUE A TRAVÉS DA HISTORIA CONTA COMO OS ALEMÁNS NAZIS LLE FACÍAN DANO AOS XUDÍOS, SEN MOTIVOS E INXUSTAMENTE. tANIA bARREIRO vARELA (3ºD)

Anónimo dixo...

Este libro gustoume moito, porque conta a situación dun rapaz que non entende o que está a pasar na época da Segunda Guerra Mundial, pois ten a súa familia nun lado e un amigo noutro. Tamén me sorprendeu moito o final, coa morte do rapaz e o seu amigo. Rubén (3ºC)

Anónimo dixo...

este libro gustoume moito. sobretodo polo tema ,que conta o mal que lle facian os nazis a os xudios pareceume realmente impactante.Miguel mejuto bermejo (4d)

Anónimo dixo...

Déjate de disculpas enano, no creas que todo se va a quedar en cuatro gritos de nada. Si no te relevo en el puesto de jefe de escuadrón es porque se supone que no deberíamos estar aquí, pero no te vas a ir de rositas. Deberías haberme dicho que no te encontrabas en disposición de pilotar novato

Anónimo dixo...

"EL NIÑO CON EL PIJAMA DE RAYAS"
Creo que ha sido hasta ahora el mejor libro que he leído.
Cuenta una historia muy conmovedora.
El libro me hizo comprender todo lo que antes pasaba con los Nazis(Alemanes)y con los Israelitas.
Recomiendo este libro a todas las personas que les guste un poco leer porque es increible y todo lo que pasa sucede de manera rápida de modo que no cuesta leerloy resulta fácil de entender.

Carla*3ºA*

Anónimo dixo...

Este libro me ha gustado mucho aunque el final es muy triste.
Recomiendo este libro a todo el mundo guste o no le guste leer, porque es muy fácil de comprender.
Sandra Penas Rivadulla 3ºA

Anónimo dixo...

me ha gustado mucho

Anónimo dixo...

El libro me ha gustado mucho, y aún que cuenta las peleas entre nazis y judios y puede parecer un poco royo es realmente emocianante
Alba 3ºA

Anónimo dixo...

Este libro me ha encantado porque aunque el final es inesperado y muy triste, todo lo que sucede antes del final es una historia de amistad muy bonita y entretenida. Alba.S 3ºA

Anónimo dixo...

xa, e k mais