2016/04/10

CON CHOCOLATE Y LETRAS, UN BLOG ALTAMENTE RECOMENDABLE

Vimos de descubrir agora o blog Con chocolate y Letras, que administra unha das nosas Papalibros, Iria Barreiro.

O blog xa leva varios meses activo, pero nós aínda dimos con el recentemente e xa nos puxemos a devoralo.
O primeiro que queremos destacar é calidade dos seus artigos, ben redactados, e sempre escollendo temas interesantes e atractivos. Gústannos especialemente os temas de debate como ¿Libros obligatorios? ou Literatura juvenil, que poñen sobre a mesa cuestións controvertidas das que tod@s temos discutido máis dunha vez.
Outro apartado favorito son as reseñas, que Iria fai con bastante frecuencia. Deixamos aquí, como exemplo, unha sobre un dos libros que limos no club de lectura, Para acabar con Eddi Bellegueule. Sabemos que Iria reseña incluso libros aínda sen publicar que lle pasan escritoras/es noveis.
Pero talvez o máis atractivo é a frescura e espontaneidade que se deixa ver en todos os seus post. Iria é unha gran lectora, sobre todo, de novelas de fantasía e distópicas, os seus xéneros favoritos, pero excluír outros temas. Le sen prexuízos, aproveitando todas as ocasións que se lle presentan e está moi atenta as novidades. A súa opinión está ben fundamentada, porque é unha lectora madura que ten un criterio literario.
E xa para rematar, en Con chocolate y letras podes atopar booktags, booktubers, memes literarios, premios de outros bloggers... en fin, non deixedes de pasar por aquí.

Ningún comentario: