O pasado xoves 23 de maio, o club de lectura Papalibros, xunto coas alumnas/os de outras actividades extraescolares (a nosa emisora Falamelide, Cine en curso, Cineforum, "Lights, camera, action"...) disfrutamos dunha sesión de cine en Lugo.A película elixida foi Divergent, baseada na novela de Veronica Roth, primera dunha triloxía tamén co mesmo título. Esta triloxía é un dos grandes éxitos dos Papalibros neste curso 2013-14 e forma pate de toda esta serie de triloxías de moda ambientadas nun futuro distópico. Na nosa última reunión falamos un pouco de que ven sendo iso de distópico, de distopía. A distopía sería o contrario da utopía, algo non desexable, malo, que se moitas veces se atopa nun futuro imaxinario que non supón un empeoramento das condicións de vida. É ese futuro que vemos en Os xogos da fame, Diverxente, a saga Delirium...
En Diverxente preséntasenos unha sociedade dividida en faccións que no seu día se crearon para evitar os males que conduciron a unha terrible guerra. Estas faccións levan os nomes de virtudes como Osadía, Abnegación, Cordialiade, Erudición e Verdade. A idade de 16 anos os mozos e mozas deben "elexir" a que facción queren pertencer, atendendo as súas porpias características e aos resultados dun test. Beatrice, a protagonista, descubre que ela ten características polas que podería formar parte de
diferentes faccións, é unha diverxente e a súa vida correrá perigo.
Se viches a película e che apetece ler os libros, pásate pola biblioteca, e a ver se hai sorte e os exemplares non están prestados!
Ningún comentario:
Publicar un comentario