2011/12/13

A PRAIA DOS AFOGADOS


Nunha praia de Panxón, na ría de Vigo, aparece o cadáver dun mariñeiro coas mans atadas cunha brida de plástico. Os veciños falan dun suicidio, mais as primeiras investigacións amosan unha realidade diferente que levará o inspector Leo Caldas a mergullarse no ambiente mariñeiro da vila, nun universo onde o vento funga historias de naufraxios e de heroes que venceron o mar. Domingo Villar volve introducir o lector nunha intriga sen acougo. Unha pescuda policial que, en A praia dos afogados, tamén é unha esculca na memoria e nas ilusións fanadas.

3 comentarios:

Anónimo dixo...

A praia dos afogados é un libro que me gustou moito.
Leo Caldas pareceume moi peculiar e a súa situación familiar algo extraña. Para min foi moi entretido e ameno, así que me enganchei non dei parado de ler ata saber quen fora o asasino.
A valoración xeral e moi positiva e este libro foi todo un descubrimento.
Elisa!

Anónimo dixo...

Este libro gustoume moitísimo. A trama engancha moito e sorprendeume como o autor despista ao lector mantendo o enigma ata o final. Tamén apreciei moito a boa descrición que o autor fai dos personaxes, as cales provocan unha imaxe moi nítida deles na túa cabeza. O personaxe que mas me gustou foi Rafael Estévez, xa que representa moi ben a maneira en que nos ven aos galegos os de fóra: as preguntas como respostas e respostas pouco claras para alguén extranxeiro.
Este libro recomendaríao a calquera que lle guste a intriga e ir descubrindo a trama dos libros pouco a pouco. Vale a pena leelo!
Ana A.

Anónimo dixo...

Este libro gustaríame recomendarllo a todo aquel que lle gusten as historias de misterio e intriga.
Persoalmente , a obra , pareceume entretida . Os relatos dos asasinatos e toda a ivestigación que trouxeron consigo, non deixa indiferente ao lector , xa que o sume de cheo na intriga de saber quen os cometera ,variando de cada vez o sospeitoso ata descubrir o verdadeiro asasino.
Na miña opinión , os papeis dos persoaxes están moi ben empregados; por exemplo , o axudante do detective dalle un toque de humor á obra.Tamén hai persoaxes que aparecen ao principio sen ter maior trastendencia e ao final ten gran importancia; por exemplo ,o carpinterio do principio.
Se algo me desagradou deste libro , foi que non desenvolvese máis a historia entre o investigador, Leo Caldas e Alba.En canto a este tema considero que debería dar máis datos.
Lede o libro que non vos arrepentiredes.

Ariadna 1ºBAC B