Despois de case dous meses de lecturas intermintentes alcanzamos os cumios de Emily Brontë. Para algúns non foi unha lectura fácil e houbo quen abandonou.
Estivemos de acordo en que no comezo non foi un libro "amable". Descríbenos un ambiente hostil, onde personaxes que se odian demasiado están forzados a convivir en mansións desanxeladas. Nin rastro do amor meloso que algunha esperaba atopar nesta novela romántica. O romanticismo amósasenos máis ben no tenebroso, na paixon desbocada, no espírito rebelde e ansias de liberdade dos protagonistas. Xusto na creación de carateres como o de Heathcliff ou Catherine é onde recoñecemos a mestría de Brontë. Impresiomounos especialmentea descripción da paixon dos protagonistas, o do torturado personaxe de Heathcliff que á súa vez torura aos demais no seu afán de vinganza.
Case todos coincidimos en que foi un bo libro para ler a carón do lume e que pasamos os nosos bos ratos compartindo xantar, café e lectura
2012: Ano de Dickens
-
*Procedencia da imaxe*
Este mes, e máis concretamente o *día 7*, cumpríronse *200 anos do
nacemento de Charles Dickens *(1812-1870). Ao longo de todo o ano...
Hace 1 semana


0 comentarios:
Publicar un comentario en la entrada