2009/12/02

A PRAIA DOS AFOGADOS


A praia dos afogados é un libro inspirado no ambiente mariñeiro vigués. A historia comeza co achado do cadáver dun mariñeiro, Xusto Castelo, na praia de Panxón. O ambiente veciñal coincide en que foi un suicidio, porén as primeiras investigacións parecen descartar esta opción debido á maneira en que estaba colocada a brida que lle amarraba as mans. Daquela, a morte sería accidental ou planificada? Leo Caldas, inspector de policía e locutor de radio, xunto co seu axudante aragonés introduciranse no caso e mediante interrogatorios a familiares, veciños e compañeiros de traballo, a colaboración do forense e axentes da UIDC, e grazas ás historias de antigas pantasmas que formaron parte da vida do falecido lograrán esclarecer o caso e resolvelo de maneira satisfactoria.
Se queres coñecer o final terás que mergullarte neste libro, pero asegúroche que se o fas non te vas arrepentir.

6 comentarios:

Papalibros dixo...

É un libro que conta co suspense e intriga propios dunha novela policíaca. Nela nunca podes predecir o que vai pasar porque a historia cambia conforme van pasando os capítulos. Así, segundo ían xurdindo novas claves o meu posible culpable ía cambiando, pasando por varios personaxes do libro. Sempre tes que estar alerta, fixarte en cada contestación e feito que te conduza polo verdadeiro camiño para resolver o caso, pero o final sempre é impredecible.
É un libro que demostra a valía da verdade, a mentira conduciu aos personaxes a unha vida con medo e máis mortes para poder sostela, pero ao final a verdade sempre remata por saír á luz.
É un libro que combina a seriedade de investigar a morte dunha persoa coa ironía; dada ésta na maioría dos casos polo axudante do inspector debido a súa rudeza e máis as súas constantes críticas os galegos por non daren respostas concisas e claras.
Por todos estes motivos e máis convírtese nun libro apto para poder gozar da súa compaña cando así o consideres preciso.

Anónimo dixo...

Esta novela paréceme unha historia incríbel.
Persoalmente, gustoume moito o xeito de contala que ten o autor. Penso
que con este libro se reivindica un pouco a cultura dos galegos, a
nosa cultura, pois está chea de lendas e mitos e Pepa, A Loba, é un
deles.
Eu non coñecía esta historia pero agora que a coñezo tamén coñezo un
pouco máis sobre a época na que se sitúa, o contexto político e social
que había e tamén a avaricia existente.
Esta novela é unha boa transportadora a un mundo onde as inxustizas
eran as dominantes e onde o único xeito de facer xustiza era
converterse en bandoleiro, e por iso me gustou moito.
Porén, o que non me gusta do libro, ou o que menos me gustou foi o
final de Daniel.
Xa sei que na realidade non todas a s historias acaban ben, pero dame
moita mágoa a súa morte porque era moi bo e non o merecía, e tamén por
Pepa, que cando por fin comezaba a ser feliz perde ao seu amor, ao seu
amado Daniel.
Malia todo, esta novela, sen dúbida, será un dos libros que recorde
durante moito tempo, tanto como pola súa apaixoante historia como pola
súa sinxeleza.
Estefanía García

Anónimo dixo...

Este libro pareceume abraiante. SOn fanática dos libros de misterio e de investigacións e este foi un dos mellores que lín.
É un libro cheo de emoción e moita tensión. Persoalmente, nos acontecementos finais a tensión case facía que me emocionase!
Para min as mellores partes son aquelas nas que o inspector Leo Caldas expón o achado ata o momento e tenta asociar as diferentes pistas que vai atopando o longo da historia.
Describe moi ben as paisaxes onde se desenvolve a trama pero ás veces excedese un pouco nesas partes.
Estaría ben que contase algo máis sobre as personaxes para facernos unha idea máis exacta da súa personalidades e coñecer mellor como pensan.

Persoalmente, eu recomendarío pois parece un libro moi bo e se queres desconectar un pouco pois é o mellor.

Cristina Conde Carrera 1º BAC B

Anónimo dixo...

Este libro gustoume moito porque me gusta a maneira en que o autor conta a historia e porque ten momentos divertidos e momentos nos que parece que che dá a oportunidade de resolver o misterio que envolve os acontecementos.
Tamén me gustou porque xa lera o libro de "Ollos de auga" quq ten un tema parecido a este e porque son as mesmas personaxes nas dúas obras.
Eu recomendo ler este libro porque é unha historia interesante e entretida, sobre todo á xente que lle gustou "Ollos de auga".

Tania Barreiro Varela 1ºBAC B

Anónimo dixo...

A praia dos afogados pareceume un libro moi interesante, dende o punto de vista que che deixa comprender unha investigación criminal dende dentro, metendote por completo na trama.
O máis interesante é a partir de que o inspector Caldas relaciona o afundimento e a desaparición de Rebeca.
Tamén é moi entretido, posto que sospeitas de todos, e ves como pouco a pouco, as posibilidades esgotanse, e o asasino acaba sendo un dos menos pensados.

Yasmina El gtaibi Fernández 1ºBAC B

Anónimo dixo...

por favor a próxima vez non contedes o final, xa non sigo lendo.