2009/05/14

Buenos días, tristeza, de François Sagan



A protagonista desta historia é unha adolescente que vive con seu pai, Raymond, pois a súa nai faleceu. Raymond é un home ó que lle gustan moito as mulleres e ten numerosas relacións curtas con elas, non lle gustan os compromisos. Iso a Cécile, a protagonista, parécelle ben e viven os dous moi agusto, sen compromisos e cunha vida por así dicir un pouco tola. Ata que un día, na casa onde pasan as vacacións, aparece Anne, unha vella amiga de Raymond que consegue namoralo e cásase con el. Iso a Cécile provocalle unha gran confusión nos seus pensamentos. Por un lado non lle importa que se casen pois pensa que sería unha forma de levar un ritmo de vida un pouco máis serio e responsable. Pero por outro lado non quere por nada do mundo que iso cambie a relación que ela ten co seu pai e idea un plan para separalo de Anne. Quere que a futura muller de seu pai o pille cunha exmoza del. Así o fai e dalle resultado, pois consegue que Anne os pille. Entón ela marcha e, ó cabo duns días, reciben unha chamada anunciándolles un suceso imprevisto... En canto a miña opinión...a min gustoume moito este libro pero tamén hai q decir que non é para nada alegre pola situación na que se atopa Cécile. Pero aínda así recomendo que o leades pois penso que é unha historia que se sae un pouco do común, e aínda que sexa un pouco triste non sei.... tampouco se pasa mal lendoo.

Patri (3ºA)

1 comentario:

Cristina dixo...

Patri, así da gusto, dito e feito! O post está estupendo! Iso si, déixasnos coa dúbida, gustouche?recoméndalo? Queremos saber!