2009/03/04

Sexy!!

Joyce Carol Oates


Sei que hai xa un post sobre este libro pero eu acabo de lelo e gustariame que todos coñeceran a miña opinión sobre el. A min persoalmente encantoume; tanto me gustou q o lin en catro días. A historia enganchoume dende o comezo do libro!Ese comezo no que lle ocorre"aquelo" a Darren; o protagonista. A iso que Darren chama aquelo é o que ocorreu unha tarde na que o seu profesor o levou ata a casa pois facia moi mal tempo. A Darren deulle a sensación de que Tracy; o profesor; tentara abusar del peo realmente non ocorreu nada. Esos días Darren deulle moitas voltas a historia,ocorreu o non ocorreu??? A partir de ahí o profesor verase envolto noutros problemas relacionados coa sua sexualidade, os cales o lebaran a un desastroso final. Recomendo este libro pois é un xeito de pasar un ratiño agradable e tamén serve para darse conta de moitas cousas que ocorren na vida e que moitos din:bueno eso a min nunca me vai pasar.....
Animádevos e lédeo!!!!!!

Patri (3ºA)

1 comentario:

Cristina dixo...

Patri, aquí vai a versión escrita do que xa che comentei polo pasillo: Mil grazas polo post, fai moi boa parella co que xa había, está tan ben que xustifica totalmente a duplicación, porque completa e non repite a información que xa había! ¿Cal nos espera agora? ¿Buenos días, tristeza? ¿Marcovaldo?