2025/02/25

Falamos de cuestións raciais

Onte tivemos outra sesión do Club de persoas adultas para comentar as nosas impresións sobre Canción dulce de Leila Slimani. A cuestión racial, a emigración na cidade de París, a desigualdade económica… son temas presentes na obra. Unha coidadora de bebés comete un atroz crime con estes nenos, desenlace que coñecemos na primeira páxina. Ao longo da novela vanse poñendo de manifesto situación vitais extremas que levan consigo un punto de desesperación e, quizais, loucura. 



2025/02/20

Novas adquisicións para a biblioteca

 Estes meses no Club estamos a darlle importancia á lectura manga que cada vez está máis de moda entre o noso alumnado. Ademais, a conmemoración do Día da Ilustración do mes pasado e do Día do Cómic que celebraremos en marzo, fíxosnos mercar novidades para ter nos nosos andeis e para preparar a actividade da seguinte sesión. Deixamos por aquí os novos exemplares para abrir boca...

















2025/02/04

Comezamos novo ano e seguimos co Club de adultos


Na primeira sesión do ano adicámoslle o tempo á obra Stoner, de John Williams. Puxemos en común os nosos pensamentos sobre o Stoner profesor de facultade, o seu ámbito puramente laboral, mais tamén reparamos no seu ámbito familiar. A súa filla convértese, en ocasións, nun ser sen identidade propia e a súa muller chega a ser a súa maior inimiga. Con todo, o amor aparece na súa vida por medio dunha amante. A vida de Stoner contextualízase en distintos lugares e épocas, énchese de seres que flutúan ao seu redor e cos que obtén menor ou maior fortuna. Unha historia marabillosa na que a compaixón, o desconcerto, a ansia... van cobrando sentido co avance das páxinas.