Para comezar o ano con bo pé escollimos de lectura para o Club do alumnado dous cómics. Onte celebramos o Club de lectura dos benxamíns que leron Tam, de Anémona de Río. Gustoulles moito e falamos dun montón de estereoptipos sociais cos que teñen que convivir as rapazas adolescentes. Ademais, nalgúns casos foi o primeiro contacto co cómic en galego. Falamos da forma en que se le este tipos de libros e collimos outros exemplares na biblioteca desde xénero para poder facer comparacións.
Hoxe tivemos o Club dos alevíns no que lemos Heartstopper, o primeiro libro dunha saga de novela gráfica xuvenil que foi traducida ao galego. Debatemos sobre un montón de cousas e comezamos tamén a ver a adaptación cinematográfica da serie que continuaremos vendo noutros días.
Escollimos unha novela gráfica nos dous clubs para poder conmemorar o Día da Ilustración que se celebra hoxe, xoves 30 de xaneiro de 2015, adicado a Xosé Vizoso. Ademais, foi unha pequena introdución para sesións posteriores que traballaremos con este xénero literario que ten tanto éxito entre os lectores novos.