2025/03/31

Obradoiro de cómic

Continuamos coa sesión do obradoiro de cómic, novamente xuntamos os dous clubs para poder debuxar o noso manga en conxunto.

Despois das indicacións que nos deron Jesús e Bryant a semana pasada sobre a novela gráfica, nesta sesión puxémonos máns á obra e deixamos fluír o maxín dando lugar a novas creacións...















2025/03/24

Nova sesión do Club de adultos

A pensión Eva, de Andrea Camilleri, é una obra na que o humor e o escenario da Segunda Guera Mundial en Italia van collidos da man. O mundo da prostitución enfócase desde unha perspectiva humana; a pensión é un lugar máis no que as persoas da vila van como lugar de ocio.

Nesta sesión do club de lectura de adultos analizamos a obra desde as distintas perspectivas. Destacamos, por exemplo, o personaxe de Nené, quen desexaba ter 18 anos para poder ir á pensión Eva e, sen querer, acaba facéndoos rodeado da destrución que trae consigo o conflito bélico.



2025/03/20

Coñecendo a novela gráfica

Onte tivemos unha sesión do club de lectura alevín e infantil moi especial. Falamos da novela gráfica, viñeron Jesús, alumno de 2º de Bacharelato e Bryant, alumno da ESA, a contarnos moitas curiosidades deste tipo de literatura aínda descoñecida para moito alumnado. Ademais ensináronnos os debuxos que eles mesmos fan, ¡son todos uns arrtistas!

Esta sesión foi un pouco máis teórica, pero serviunos de antesala para a seguinte semana na que faremos un obradoiro de cómic e nos poñeremos todos e todas a debuxar. 









2025/02/25

Falamos de cuestións raciais

Onte tivemos outra sesión do Club de persoas adultas para comentar as nosas impresións sobre Canción dulce de Leila Slimani. A cuestión racial, a emigración na cidade de París, a desigualdade económica… son temas presentes na obra. Unha coidadora de bebés comete un atroz crime con estes nenos, desenlace que coñecemos na primeira páxina. Ao longo da novela vanse poñendo de manifesto situación vitais extremas que levan consigo un punto de desesperación e, quizais, loucura. 



2025/02/20

Novas adquisicións para a biblioteca

 Estes meses no Club estamos a darlle importancia á lectura manga que cada vez está máis de moda entre o noso alumnado. Ademais, a conmemoración do Día da Ilustración do mes pasado e do Día do Cómic que celebraremos en marzo, fíxosnos mercar novidades para ter nos nosos andeis e para preparar a actividade da seguinte sesión. Deixamos por aquí os novos exemplares para abrir boca...

















2025/02/04

Comezamos novo ano e seguimos co Club de adultos


Na primeira sesión do ano adicámoslle o tempo á obra Stoner, de John Williams. Puxemos en común os nosos pensamentos sobre o Stoner profesor de facultade, o seu ámbito puramente laboral, mais tamén reparamos no seu ámbito familiar. A súa filla convértese, en ocasións, nun ser sen identidade propia e a súa muller chega a ser a súa maior inimiga. Con todo, o amor aparece na súa vida por medio dunha amante. A vida de Stoner contextualízase en distintos lugares e épocas, énchese de seres que flutúan ao seu redor e cos que obtén menor ou maior fortuna. Unha historia marabillosa na que a compaixón, o desconcerto, a ansia... van cobrando sentido co avance das páxinas.


2025/01/30

Dúas de cómic!

 Para comezar o ano con bo pé escollimos de lectura para o Club do alumnado dous cómics. Onte celebramos o Club de lectura dos benxamíns que leron Tam, de Anémona de Río. Gustoulles moito e falamos dun montón de estereoptipos sociais cos que teñen que convivir as rapazas adolescentes. Ademais, nalgúns casos foi o primeiro contacto co cómic en galego. Falamos da forma en que se le este tipos de libros e collimos outros exemplares na biblioteca desde xénero para poder facer comparacións. 





Hoxe tivemos o Club dos alevíns no que lemos Heartstopper, o primeiro libro dunha saga de novela gráfica xuvenil que foi traducida ao galego. Debatemos sobre un montón de cousas e comezamos tamén a ver a adaptación cinematográfica da serie que continuaremos vendo noutros días. 








Escollimos unha novela gráfica nos dous clubs para poder conmemorar o Día da Ilustración que se celebra hoxe, xoves 30 de xaneiro de 2015,  adicado a Xosé Vizoso. Ademais, foi unha pequena introdución para sesións posteriores que traballaremos con este xénero literario que ten tanto éxito entre os lectores novos.