Despois de xantar a comida que traíamos da casa ou que nos preparou Xan na cafetería, tratamos de descubrir que é a poesía. Carlos ofreceunos "poesía por un tubo" e coa súa axuda foron xurdindo moitas ideas. Unha das que máis nos gustou foi que a poesía é como o chocolate, pequena, escura e moi doce. Carlos leunos Freederick e Un poema para curar a los peces, contos nos que vimos como a poesía nos pode traer o sola eas cores inverno ou salvarnos de morrer de aburrimento.
Tamén limos unas cantos poemas de Makinaria e incluso fixemos un rap, para esconxurar eses momentos de estupidez ou subidas de adrenalina que a algúns lles poden facer perder a vida cando están ao volante dun coche.
Pero o mellor de todo foi o agasallo do final, un verso de amor e un sugus para irmos coa doce sensación da poesía na boca.
Se queredes unha valoración desta xornada non tedes máis que mirar as nosas caras nas fotos que tedes aquí abaixo.
Non me gustou nada que lle dera o sugus a algúns rapaces e a outros non,pareceume unha discriminación.
ResponderEliminarPois a min gustoume moito, foi moi divertido!
ResponderEliminara min pareceume moi interesante mola un montón como Carlos Negro conta os contoss e unha pasadaa qedei alucinadaaa a repetir
ResponderEliminar