2009/11/13

El pequeño vampiro



Tendes que lelo! Este libro trata dun neno que, subindo as escaleiras da súa casa, atopa un vampiro chamado Rudiger. Despois de ir visitalo un par de veces, o neno e o vampiro viven xuntos unha serie de aventuras. Máis adiante coñece aos seus irmáns Lumpi e Anne. Anne faise íntima amiga de Antón, tan amigos se fixeron que chegaron a namorarse.

Este libro gústoume porque é unha historia moi bonita, fácil de ler e divertido. Eu aconsello que o leades canto antes porque este libro só o podedes disfrutar dunha forma especial se o ledes no seu tempo, antes de cumprir demasiados anos e cambiar de gustos!!!
Eva (2ºESO D)

2 comentarios:

  1. Ola!!
    Somos Iris e Eva de 2 ESO D e nós limos este libro e encantounos por moitos motivos: Entre outros, porque é fantástico e conta a historia dun neno que se fai amigo dun vampiro e da súa familia.O neno vivirá unha serie de aventuras co vampiro.Este libro recomendámolo porque é divertido, interesante e fácil de leer.

    ResponderEliminar
  2. Pareceume un pouco infantil e con moita e demasiada imaxinación. Non me gustou en exceso, sobre todo porque nunca existiron os vampiros e non existiran nunca xamais.
    Non me gustou!

    ResponderEliminar