2008/05/14

Cal é o sentido do club PAPALIBROS (?)

Basicamente xuntámonos porque cremos que ler cambia o mundo. Cámbiao porque lendo viaxas a mil lugares, a mil outras vidas, a mil situacións. Lemos polo gusto de ler, porque nos peta. E ese pequeno acto de rebeldía fainos un pouco máis libres.

E o feito de falar de libros fainos estender esa telaraña de emocións e vivencias a outras persoas, a outros colegas. Xuntámonos cada quince días, máis ou menos. Máis ou menos, si, porque isto non segue regras fixas.

Ás veces as gañas de xuntarnos nos poden levar a facelo antes, porque non aguantamos para contar o que temos lido. E quedamos nun lugar do instituto que ten zumes, sofás e moita, moita luz (será iso unha metáfora do que queremos facer?).

Convidamos a todos e todas (alumnado, profes, limpadoras, conserxes, ...) a pasar por alí cando os carteliños o anuncien. É moi raro que non se saque algo en limpo... de verdade.

1 comentario:

  1. Noraboa pola selección de lecturas... curiosamente, moitas delas coinciden coas miñas persoais dos últimos meses... mágoa non poder asistir ao club...
    Parabens, en calquera caso, pola súa existencia

    ResponderEliminar