Seguindo a liña marcada desde Bibliotecas Escolares, no Papalibros Bexamín e Xuvenil dámos comezo á lectura en formato de cómic:
Nunha sesión amena e distendida o alumnado fixo un xogo de adiviñanzas para unir cada texto coa súa imaxe. Traballamos co álbum ilustrado, "A lavandeira de San simón", de Eva Mejuto; "El azul es un color cálido", de Julie Maroh; con "Arrugas", de Paco Roca e "O lirio branco"(Astérix), de Goscinny.